miércoles, 8 de diciembre de 2010

Os Dereitos Humanos nos xornais

O Equipo da Biblioteca proponvos que participedes na actividade “Os Dereitos Humanos nos xornais”, que se desenvolverá entre os días 10 e 21 de decembro e que consistirá en:
  • Ler os diferentes xornais en formato impreso ou dixital
  • Seleccionar as noticias que vulneren algún dos Dereitos Humanos
  • Colocar a noticia no panel do corredor central baixo o cartel do dereito contra o que atentan

A actividade ten como obxectivos fundamentais:

  • Fomentar o hábito da lectura diaria dos xornais
  • Aprender a seleccionar e contrastar informacións
  • Valorar os Dereitos Humanos
  • Rexeitar calquera forma de violación dos mesmos

    ¡Esperamos a vosa colaboración¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario