mércores, 17 de novembro de 2010
A praia dos afogados
O Xoves 4 de novembro os alumnos e as alumnas de 4º da ESO asistimos a unha actividade cultural en Panxón con motivo da lectura do libro “A praia dos afogados”. A actividade foi organizada pola editorial Galaxia que contratou a unha actriz e a un experto en natureza marítima.
Fomos catro institutos de Galicia pero ó chegar alí dividíronnos en dous grupos. Con nós veu o instituto de Cambre. Unha vez chegado a Panxón fomos ata a praia da Madorra, onde apareceu o corpo de Xusto Castelo, alí esperábanos unha actriz galega de Lugo que interactuou connosco sacando algúns compañeiros a facer dos protagonistas do libro. Con ela tamén fomos ata o Templo Votivo do mar, construído por Palacios en 1920. Alí pediron a colaboración de dous compañeiros para interpretar ó párroco e ao médico da vila. Despois de falarnos del puidemos entrar a velo. O templo era fermoso e era do estilo do arquitecto catalán Gaudi, máximo representante do estilo naturalista. Ao lado do templo conservábase o arco visigótico, da antiga igrexa e moi estraño en Galicia.
Posteriormente fomos a Monte Ferro. Alí esperábanos o experto, Xosé Lois Vilar, en natureza marítima para ensinarnos un monolito e tamén nos falou dos tipos de pesca e da xeografía do mar, ó final chegamos o lugar onde se atopara o barco de Xusto Castelo.
Finalmente volvemos cara o bus que nos volveu a levar a vila de Panxón e déronnos tempo para comer e visitar a vila.
Fernández López, Andrea 4ºB
Capón Lamelas, Nerea 4ºB
Cela Dablanca, Raquel 4ºB
Cruz Afonso, Carla 4ºB
García Miguelez, Alba 4ºB
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Durante moitísimos anos pasei as vacacións de verán en Panxón. Teño nas miñas lembranzas todos os lugares que describides: a praia da Madorra, o templo votivo, o arco visigótico...
ResponderEliminarLerei o libro, seguro. Xa estou desexando collelo e abrilo.
En xeral, o libro gustoume moito porque en todo momento te mantiña intrigado e tratábase de unha lectura fácil. A excursión a Panxón pareceume moi fermosa, ademais de contar cun bó día, a vila de Panxón encantoume.
ResponderEliminarO libro gustoume sobretodo porque se mantiña a intriga ata o ultimo momento.
ResponderEliminarE a escursión parece unha perfecta oportunidade para coñecer Panxón e situar as accions do libro nun espazo, ademais de pasalo moi ben.
O libro gustoume moito,sobre todo porque este tipo de novelas,as chamadas novelas negras,gustanme moito.Foi un libro,dos poucos que conseguiron manterme coa intriga dende a páxina 1 ata a última.
ResponderEliminarNa excursión pasámolo moi ben,e foi moi entretido ver como son os lugares nos que se desenrrola a novela,xa que todos tiñamos unha idea pero ninguén sabiamos con certeza como eran.Recomendo o libro.
O libro gustoume moito porque non aburre en ningún momento e mantén a intriga ata o final, tamén porque fai crer que o asasino é unha persoa e o final sorpréndete con que é outra.
ResponderEliminarA excursión pareceume moi interesante e divertida xa que puidemos coñeces todos os lugares que aparecen no libro e saber máis deles.
A min a novela pareceume entretida, porque aportaba moita información de Panxón. O que máis me gustou foi cando Caldas interrogou a Valverde, Arias...
ResponderEliminarE o que menos me gustou foi cando o narrador conta que Caldas colle o seu tabaco, encende un cigarro, dalle unha calada e logo sigue contando a historia.
A novela gustoume moito é moi entretida e intrigante, a min persoalmente gustanme este tipo de novelas. A excursión a Panxón foi moi boa porque poidemos ver os lugares onde transcorrian os feitos da novela, e ademais coñecimos unha fermosa paixase de Galicia.
ResponderEliminarO libro pareceume entretenido xa que manten a intriga ata o final.
ResponderEliminarA escursión estivo ben xa que axudou a situar os espazos da novela.