sábado, 20 de novembro de 2010

CENTENARIO DA MORTE DE TOLSTÓI

O 20 de novembro cúmprense cen anos da morte do novelista ruso León Tolstói, un dos máis eminentes autores de narrativa realista de todos os tempos As súas obras máis famosas Guerra e Paz (1869) e Anna Karenina (1877) están consideradas as novelas máis importantes da historia da literatura universal.

Guerra e Paz, unha das obras mestras do realismo, é unha visión épica da sociedade rusa entre 1805 e 1815, xusto antes da invasión napoleónica.

Ana Karenina constitúe unha das mellores novelas psicolóxicas da literatura moderna. A protagonista non logra resolver os seus conflitos internos ocasionados pola paixón adúltera que sente polo mozo oficinista Vronsky.

O Equipo da Biblioteca anímache a ler Anna Karenina ou a gozar vendo a película baseada na novela Guerra e Paz. Tanto o libro como o DVD poderás atopalos entre os fondos da nosa biblioteca.




O segredo da felicidade non é facer sempre o que se quere senón querer sempre o que se fai. (León Tolstói)

Ningún comentario:

Publicar un comentario