O escritor Antonio Reigosa e os personaxes do seu libro "Lu e Go pola muralla" xuntaron en Lugo a medio centenar de lectores.
O alumnado dos clubs de lectura, "O xograr lector" do IES X.Afonso Gómez, "A vacaloura" do IES de Monterroso e "Lecturas Leirantes" do IES Leiras Pulpeiro de Lugo (anfitrión), acompañado de varios profesores, tivo a súa disposición ó creador do gato Lu e do rato Go, Antonio Reigosa, para recrear in situ as andanzas destes dous personaxes pola muralla.
Falounos, Reigosa , tamén da historia da cidade, de multitude de anécdotas de personaxes de onte e de hoxe do noso Lugo.
Durante o percorrido sucederon dalgunha maneira cousas estranas: a caída de Sabela(afortunadamente sen consecuencias graves) que semella á de Lu e Go polos furados das paredes, o coche da policía a carreira pola muralla, o monxe budista que nos aparece de frente...
!Inesquecible a volta á muralla!
Na biblioteca do centro tivo lugar a comida dos participantes; entre bocado e bocado non faltou tampoco a charla sobre este e outros libros.