martes, 11 de diciembre de 2012

Lecturas Leirantes. "O único que queda é o amor"


Comezamos as nosas sesudas reunións comentando, co alumnado de 2º ciclo da ESO e  BAC, o libro O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz,  polo que recibiu o  Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.


Resultou unha sesión moi animada.






2 comentarios:

  1. Inmaculada Alonso, 1º BAC15 de enero de 2013, 11:42

    Unhas cantas semanas atrás, os integrantes do club de lectura do Leiras, ó que
    pertencemos algúns alumnos e alumnas de 2º ciclo da ESO e BAC, tivemos a nosa primeira reunión. A xuntanza tivo como motivo falar longo e tendido sobre "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz, unha recopilación de relatos que xiran ó redor deste sentimento. Tratamos diversos temas relacionados co libro; os aspectos que destacaríamos, os relatos que nos gustaron máis ou menos etc.
    Personalmente, non puden estar presente durante toda a reunión, pero quédome co agradable que se fai poder falar con persoas da miña mesma idade e coas profesoras de lingua sobre algo tan importante para min como é a literatura. Agardo impaciente a seguinte xuntanza!
    Ó comezo da tarde lemos algúns poemas que quixemos compartir en conxunto, velaquí a miña aportación.

    ACUSACIÓN AOS HOMES SEN RAIGAMES

    "Tenin els ulls sense gregals ni arbres..."
    J.V. FOIX


    Tedes os ollos núos
    e somentes ollades o cemento.
    Levades os ensoños reducidos
    a común denominador de xeo.

    Pra vós somente existen
    as plantas hidroeléctricas
    e as plantas de oficinas.
    Pra vós, o ceo é tan somente
    a base das cidades.

    Pra vós, un home é,
    por pouco máis ou menos,
    o traballo que cómpre
    pra facerlle un regalo á vosa amante.

    DARÍO XOHÁN CABANA

    Inmacula Alonso

    ResponderEliminar
  2. Peter Hernández, 3º ESO15 de enero de 2013, 11:43

    A lectura do libro O único que queda é o amor permituinos ver diferentes formas de entender este sentimento. Fixemos a lectura guiados por unas pautas nos axudaron a entender mellor o libro.
    Na reunión do club piudemos gozar coas distintas opinión dos diferentes lectores sobre os relatos e debatemos moitos dos temas que aparecen na obra.
    En xeral a tarde que pasamos foi moi entretida e moi divertida.

    ResponderEliminar