Comezamos as actividades deste curso 2012-2013 lembrando o poeta que da nome ao noso centro, Leiras Pulpeiro (1854-1912), no centenario da súa morte.
Programamos unha serie de actividades para difundir entre a comunidade educativa a súa personalidade e a súa obra.
Podedes atopar información no taboleiro de entrada do instituto e na exposición da Biblioteca.
Animádevos a ler a súa obra e facer un seguimento deste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario