miércoles, 17 de octubre de 2012

Botamos a andar no curso 2012-13


O día 16 de outubro, botamos a andar un ano máis o noso  Club de Lectura “Lecturas Leirantes” e os nosos ávidos lectores recomendáronnos algunhas lecturas que queremos compartir con vós.

Diego Ardura Fernández recomendounos:
 “Unha familia feliz” de David Safier. Conta a historia da familia Von Kieren na busca da felicidade persoal e familiar. Está narrada en primeira persoa por cada un dos membros Von Kieren, pero será Emma, a nai, quen nos presente á familia nas páxinas iniciais. No pasado foran unha familia feliz, pero agora  Emma é consciente de  que perderon algo que non sabe identificar.
Para tratar de salvar o negocio familiar, os Von Kieren acoden a unha festa disfrazados de monstros de filmes clásicos. A velada será un desastre e rematará co maleficio dunha bruxa que os condena a se converter nos personaxes dos que van disfrazados: unha vampira, Frankenstein, a momia e o home lobo.
Convertidos en monstros emprenderán unha viaxe en busca da bruxa que os levará por medio mundo. A súa nova situación será unha oportunidade non só para romper a maleficio senón tamén para atopar a felicidade e salvar á familia.


Ignacio Arias Prado recomendounos:

 “Charlie e o gran ascensor de cristal” de Roald Dahl. O protagonista, Charlie, emprende unha viaxe con Willy Wonka e a súa familia ao espazo exterior grazas ao marabilloso ascensor de cristal, pero por causa dun erro técnico entran en órbita, e unha vez alí  atopan o primeiro hotel espacial. Logo Wonka adminístralle catro gotas de Wonka-Vite aos avós George e Josephine, que regresan á idade normal. Despois do incidente, Willy Wonka recibe unha carta do presidente convidándoos á  Casa Branca.





Aray Rodríguez recomendounos:

"Tras a pista do Yeti" de Gerónimo Stilton. Neste caso o protagonista é un rato, Gerónimo, moi pouco aventureiro e moi pouco viaxeiro, pero cando un amigo está en perigo non dubida en acudir na súa axuda, aínda que iso supoña unha viaxe ao corazón do Everest onde o doctor Amperio Voltio di ter atopado a pista doYeti. Unha vez alí e acompañado pola súa familia, Gerónimo vivirá moitas aventuras e incluso chegará a ver un mamut conxelado.



Como vedes foi unha xuntanza moi proveitosa




No hay comentarios:

Publicar un comentario