domingo, 17 de junio de 2012

Compartindo lecturas

É unha delicia poder compartir lecturas. Por iso, este ano volvemos a repetir a experiencia de apadriñar e amadriñar lectores e lectoras do colexio de Casás.

O noso alumnado de 1º de BAC e os integrantes do Club de lectura leron os contos que elixiron e prepararon a conciencia. E os nenos de 5 aniños escoitaron con atención e sorprenderon e agasallaron aos maiores cuns debuxos dedicados.

Grazas a todos os que participastes por alegrar a mañá do Leiras.
E grazas, tamén,  a Biblioteca Nodal por colaborar nesta iniciativa. Sen os contos que nos emprestastes non sería posible esta xornada chea de sorrisos.

Click to play this Smilebox greeting

No hay comentarios:

Publicar un comentario