O pasado día 19 de abril, fomos a Paxón para visitar os lugares onde se
desenvolve o libro "A praia dos afogados" de Domingo Villar. Contamos
cunha guía, Ana Carreira, que nos animou a participar recreando personaxes e
escenas da novela.
Paseamos pola praia, as rúas, visitamos a singular obra artística do
arquitecto Palacios, o Templo Votivo do Mar, e o porto; escenarios da
trama polos que pasou Leo Caldas, un dos protagonistas da obra.
Despois subimos a Monteferro, onde o guía Xosé Lois Villar, experto en toponimia ,
microtoponimia e talasomimia, nos
explicou cousas sobre o mar, relacionadas coa pesca e coa novela.
Despois de comer, collemos o bus
para Lugo, no que rimos e cantamos.
O que máis nos gustou foron as paisaxes, xa que eran moi bonitas e
distintas do que nos rodea a cotío. Tivemos a oportunidade de aprender máis
cousas sobre o libro, e sobre Panxón.
Laura López López, Clara Coira Suárez e Sabela Brand García 4º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario