O 24 de febreiro é o Día de Rosalía. Lembramos con esta efeméride o nacemento da escritora máis senlleira das letras galegas.
Escribiu tanto en verso como en prosa, en galego e castelán, pero destacou pola súa poesía intimista e polo seu compromiso coa lingua galega tan desprezada e desprestixiada na época na que ela viviu.
Para un achegamento inicial á figura de Rosalía, recoméndovos que leades esta versión dixital do libro Rosalía ilustrado por Ánxeles Ferrer e escrito por Helena Villar, escritora lucense e presidenta da Fundación Rosalía de Castro.
Se queredes saber máis sobre a súa biografía e obra, déixovos aquí as seguintes ligazóns:
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro
Aquí atoparás unha zona para descargar a súa obra
Galipedia
Biblioteca Virtual Galega
Praza das letras
Autores galegos
Biblioteca das Letras galegas
Cultura galega
AELG, día de rosalía
E se o que preferides é escoitar os seus poemas musicados, quí tedes algún dos vídeos que atopamos na rede:
- Mayo longo, musicado por Carlos Núñez e cantado por Anabela
- Negra sombra, versionado por Luz Casal e Carlos Núñez
- Airiños, airiños, aires, musicado e cantado por Amancio Prada e as Pandereteiras de Baio.
- Adiós ríos, adiós fontes versionado por Amancio Prada
- Alborada , unha versión en clave de jazz, na que participan Anxo Angueira, o pianista Abe Rábade, Guadi Galego como cantante, Jesús Santandreu no saxo tenor, Nelson Cascaisao ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.
E, por último Canzón pra Rosalía de Castro, de García Lorca, musicada por Rafa Lorenzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario