O IES Leiras Pulpeiro sumouse ós actos convocados pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística para recitar o poema "Deitado frente ao mar.Partipou alumnado de 1º ESO C, 2º ESO A e B, 4º ESO A e B xunto co profesorado de Lingua Galega,Tecnoloxía, Música, Educación Física, coordinados polo Equipo de Dinamización.
A actividade resultou moi satisfactoria para os participantes
domingo, 16 de decembro de 2012
martes, 11 de decembro de 2012
Lecturas Leirantes. "A lúa de Senegal"
As dificultades para incorpararse nunha nova sociedade por parte de Khoedi, protagonista de LÚA DO SENEGAL, a inmigración, o racismo... foron os temas que comentamos os alumnos e alumnas de 1º ciclo de ESO xunto coas profesoras que participanos no Club de lectura.
En LÚA DO SENEGAL fálanos de Youssou N'Dour, cantante senegalés. Podedes escoitar unha canción súa ó ver a seguinte presentación.
En LÚA DO SENEGAL fálanos de Youssou N'Dour, cantante senegalés. Podedes escoitar unha canción súa ó ver a seguinte presentación.
Lecturas Leirantes. "O único que queda é o amor"
Comezamos as nosas sesudas reunións comentando, co alumnado de 2º ciclo da
ESO e BAC, o libro O único que queda
é o amor de Agustín Fernández Paz,
polo que recibiu o Premio
Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.
Resultou unha sesión moi animada.
luns, 3 de decembro de 2012
Club de lectura: A metamorfose, Veleno tinto, Encarna
Club de lectura: A metamorfose, Veleno tinto, O Principiño on PhotoPeach
xoves, 29 de novembro de 2012
25 de Novembro: Pola igualdade
Sabemos que superar a violencia cara as mulleres pasa pola educación en igualdade. Debemos tomar conciencia das dicriminacións, manipulacións, chantaxes... para dar paso á etica do respecto e da autoestima.
O luns 25, na biblioteca do centro, o alumnado de 3º de ESO participou nunha charla sobre violencia de xénero. A continuación realízouse un obradoiro de papiroflexia. Alumnos e alumnas reflexionaron e expresaron por escrito as súas ideas.
mércores, 21 de novembro de 2012
25 Novembro: Non a violencia contra as mulleres
Nesta data queremos lembrar as 871 mulleres que, dende 1.999 no Estado Español, perderon a vida a mans dos seus compañeiros, maridos ou noivos; a maior parte delas nas súas casas e no seu ámbito familiar. Esta violencia exercida sobre as mulleres é o que se coñece como VIOLENCIA DE XÉNERO.
Dende a biblioteca, como cada ano, organizamos unha serie de actividades para que traballando a prol da IGUALDADE entre homes e mulleres, nos enfróntemos a ela. Correspóndenos a todas as persoas parar esta lacra social.
Visita a exposición de libros relativos a este tema.
Participa nas actividades
venres, 16 de novembro de 2012
Leiras Pulpeiro, guieiro do noso instituto
José Domingo De Prada, Vicedirector do noso centro, dentro das actividades celebradas co gallo do centenario do pasamento de Leiras Pulpeiro, escribe un poema en honra ao poeta. Publica, ademais, no xornal El Progreso un fermoso artigo de opinión. En ambos textos reivindica os valores humanos do poeta, valores que queremos facer nosos os membros da comunidade educativa do IES LEIRAS PULPEIRO.
xoves, 15 de novembro de 2012
Conferencia de Xesús Alonso Montero
Como xa comentamos nunha entrada anterior, o profesor Xesús Alonso Montero visitounos para agasallarnos cunha animada charla sobre o poeta Manuel Leiras Pulpeiro. Esta conferencia é unha das actividades previstas no centro para conmemorar o centenario do pasamento do poeta, que morreu no ano 1912.
Nesta entrada podedes escoitar de novo a D. Xesús Alonso Montero. A última parte non está rexistrada.
Homenaxe a Manuel Leiras Pulpeiro
O pasado venres, algunhos alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO deleitáronnos cun recital de poemas de Manuel Leiras Pulpeiro. A actividade desenvolveuse na biblioteca do centro, e queremos que compartades connosco este estupendo momento:
Tantos foron os recitadores e recitadoras, que temos que deixar aquí outra presentación para poder ver a algúns que non están na anterior:
Podedes escoitar aos recitadores aquí:
1. Musa intimista:
2. Eso xa
3. Se querés desmorriñarme
8. Musa amorosa:
9. ¡Nin Tántalo!
Tantos foron os recitadores e recitadoras, que temos que deixar aquí outra presentación para poder ver a algúns que non están na anterior:
Podedes escoitar aos recitadores aquí:
1. Musa intimista:
- Todos me dicen que espío
Recita: Iago Armesto 1º ESO
- Nunca sequiña te vexas
Recita: Fátima Rosón 2º ESO
- Voume pra a beira do río
Recita: Manuel Prieto 1º ESO
-Nunca te seques, fontiña
Recita: Sergio Ferro 1º ESO
- Ben vexo a miña casiña
Recita: Marina Villamarín
-Calade campás laionas
Recita: Camila Beltrán 2º ESO
-Tirou o vento unha rosa
Recita : Cristina Soto
2. Eso xa
Recita: Diego Ardura 1º ESO
3. Se querés desmorriñarme
Recita: Tania Fernández 1º ESO
4. Musa anticlerical:
- Cando na porta te atopes
Recita: Alberto Guizán 1º ESO
-Tocan os frades a campá
Recita: Marta Meijide 2º ESO
- Se queres algo de teu
Recita: Laura Argüello 1º ESO
-Non quero vivir na vila
Recita: Ana Dopazo
-Dice o cura que levo
Recita: Nicolás Vázquez 1º ESO
5. Antes-despois
Recita: Diego Ardura 1º ESO
6. Musa social:
- Moito me queren meus amos
Recita: Martín Abel 1º ESO
- Dálles unha carda aos fillos
Recita: Vanesa Montaña 1º ESO
- Aló van os nosos mociños
Recita: Antía Varela 1º ESO
- Non temos pan, meus filliños
Recita: Aroa Varela Conde 1º
ESO
- Durme, meu neniño durme
Recita: Pilar Cortiñas 1º ESO
- Meu farruco da outra banda
Recita: Natalia López
7. Se, cando me fine,
as campás
Recita: Jessica Vigo 1º ESO
8. Musa amorosa:
- Non me mires con ises ollos
Recita: adrián López 1º ESO
- Quen fora reichiño rubio
Recita: Iker Varela 1º ESO
- Pra onde queres ir miña almiña?
Recita: Jénifer Gómez 1º ESO
- Déixao, me dicían todas
Recita: Noa Fernández 1º ESO
- Quen fora reichiño rubio
Recita: Iker Varela 1º ESO
- Pra onde queres ir miña almiña?
Recita: Jénifer Gómez 1º ESO
- Déixao, me dicían todas
Recita: Noa Fernández 1º ESO
9. ¡Nin Tántalo!
Recita: Dolores Varela
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)