domingo, 6 de novembro de 2011

"Hora de ler"






O luns 7 de novembro retomamos a actividade “Hora de ler” iniciada o curso pasado como experiencia piloto. Despois dun período de reflexión e debate controvertido, conseguimos redefinir a iniciativa. O noso primordial obxectivo é fomentar o hábito lector do alumnado e mellorar a súa competencia lectora en todas as materias e nas diferentes modalidades de lectura: individual e silenciosa ou en voz alta e utilizando o mesmo texto todo o grupo.



Dedicaramos media hora semanal, preferentemente, á lectura libre, individual e silenciosa en todos os cursos da ESO segundo o calendario exposto en cada clase.
Permitiranse as lecturas en voz alta e dirixidas polo profesorado que así o prefira, procurando manexar todo tipo de textos: literarios, científicos, divulgativos, xornalísticos…



A semana pasada todos os alumnos e alumnas do centro estiveron na biblioteca e, os que quixeron, puideron levar en préstamo algún libro dos nosos fondos para ser utilizados durante a “Hora de ler”.




O Equipo de Biblioteca quere desexarvos a todos e todas unhas pracenteiras lecturas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario