luns, 7 de novembro de 2011

Aplicación da investigación xenética: o seu uso na práctica policial





O 4 de novembro, co gallo do "Día da Ciencia en Galego", os alumnos/as de 1º e 2º de BAC e os do Ciclo de Industrias Alimentarias asistiron á videoconferencia "Aplicación da investigación xenética: o seu uso na práctica policial" impartida polo catedrático da Universidade de Santiago Don Ángel Carracedo.



A sesión resultou moi interesante, aínda que quedou un tanto deslucida polos fallos técnicos que interrompían a recepción e cortaban a secuencia da exposición.




O profesor Carracedo, autoridade mundial na materia, empezou referíndose á extraordinaria importancia que a análise do ADN ten na práctica da criminoloxía e na determinación de paternidades dubidosas. Así, para o caso da criminoloxía, nalgúns países a policía xa dispón dunha base de datos cos xenomas de persoas con algún delito, o cal permite unha identificación máis áxil no caso de reincidencia delictiva. Este extraordinario avance presenta un importante dilema á sociedade: unha maior seguridade fronte ao perigo dunha perda de liberdade por un exceso no control xenético a persoas que non son delincuentes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario