xoves, 13 de outubro de 2011
O misterio das esculturas de papel
Ao longo deste ano, unhas misteriosas esculturas feitas de libros aparecen, coma por arte de maxia, nas bibliotecas de Edimburgo.
Alguén, xeneroso amigo, deixa estas marabillas para que a xente admire o poder das historias. Alguén que ama a lectura, que vive polos libros e probablemente grazas a eles.
Comezou na Biblioteca de Poesía Escocesa, e na escultura puxo o lema da mesma ("by leaves we live"), unha preciosa frase que o di todo.
É xenial que no mundo actual, cheo de xoguetes tecnolóxicos, haxa xente que aínda amose estes valores propios dun romanticismo olvidado.
O que é incríble é que, tras meses de traballo, aínda ninguén lle teña visto deixar unha soa das súas esculturas.
Paga a pena botar unha ollada ás súas esculturas neste enlace.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario