domingo, 23 de outubro de 2011

Biblioteca escolar, última xeración



"Biblioteca Escolar, ultima xeración" é o lema do cartaz, ilustrado por Emma García, que este ano editou a Consellería de Educación para celebrar o Día da Biblioteca e o mes das bibliotecas escolares.



A ilustradora galega concibe a biblioteca escolar como un espazo único para a aprendizaxe, a lectura e a convivencia. Efectivamente, nas bibliotecas nos informamos, aprendemos, lemos para buscar respostas nas palabras doutros, sentimos, soñamos, vivimos outras vidas, viaxamos coa nosa imaxinación, crecemos...




A iniciativa de dedicar o día 24 de outubro á Biblioteca surxiu no ano 1997 da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil. Podedes pinchar neste enlace para ver o cartaz, que este ano ilustrou Elena Odriozola, e para ler o texto do escritor Patxi Zubizarreta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario