sábado, 16 de octubre de 2010

Formación de usuarios biblioleirantes



Deixo aquí algunha das fotos da actividade de formación de usuarios que realizou o alumnado de 1º de ESO esta semana na biblioteca.
Os obxectivos desta actividade eran os seguintes:



  1. Coñecer o espazo bibliotecario, as normas de funcionamento e os servizos que proporciona


  2. Aprender como se organizan os documentos mediante a CDU


  3. Aprender a buscar e localizar os documentos

Todos os alumnos e alumnas recibiron un caderno con información e actividades e mergulláronse no apaixoante mundo dos libros e da biblioteca.






No hay comentarios:

Publicar un comentario