domingo, 28 de febreiro de 2010
A cabeza de Medusa para ler en Marzo
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, “unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve”. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O libro: "A Cabeza de Medusa" é unha historia que trata sobre dúas mozas que so violadas.
ResponderEliminarExpresa dous tipos de opinións diferentes, hai xente que as apoia, e outra, que pola contra, non.
O seu título débese as similitudes entre a historia das mozas e o mito grego de Medusa.
A nós pareceunos moi realista, de feito, a autora baseouse en feitos reais.
Sabela Brand García e Laura López López. 2º E.S.O. A
Carla Cruz; Paloma Fernández e Raquel Cela
ResponderEliminarO libro é realista pero enrólase moito.
Trata dun tema moi interesante pero duro e que lle pode pasar a calquera.
Gustounos moito e recomendámosllo a todo o mundo que lle gusten as historias realistas.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar________________________________________________
ResponderEliminarPersoalmente a min gustoume bastante o libro. É un libro realista pero algo forte. Ademáis, esa confianza que existe entre Elvira ( nai de Sofía) e Sofía hoxe en día non é moi doado que exista entre nai e filla.
Luisa Fernanda Castañeda Duque.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar