mércores, 24 de febreiro de 2010

ACTUACIÓN DE CRISPÍN D'OLOT NA BIBLIOTECA


O pasado día 24 de febreiro o famoso trobador Crispín D'Olot representou o seu espectáculo na biblioteca do Leiras Pulpeiro para uns afortunados alumnos de 4º ESO e algún de 2º BAC que tamén apareceu por alí.

Na súa actuación que durou aproximadamente dúas horas, Crispín fixo un percorrido pola literatura española recitando varios poemas de autores tan coñecidos como Quevedo, Góngora, García Lorca, Machado, etc, e acompañando os seus versos de instrumentos musicais (guitarra, zanfoña, ravel...) e de ritmos (ritmo de "panaderas") .

O espectáculo tivo moito éxito entre os rapaces e rapazas alí presentes: houbo sorrisos, gargalladas e ata algunhas que se ruborizaron ante a galantería do famoso trobador...

Foi unha actividade moi instructiva e divertida á vez.... quedámonos con ganas de máis.... para cando a próxima visita, Crispín?


A continuación colgamos dous vídeos da actuación de Crispín. Esperamos que vos gusten:







E un enlace á páxina de Crispín D'Olot por se a alguén lle interesa: Crispín D'Olot.







Marta Pérez Murado 2ºBAC

1 comentario: