luns, 10 de marzo de 2025
luns, 24 de febreiro de 2025
luns, 27 de xaneiro de 2025
COÑECENDO OS DEREITOS HUMANOS
O alumnado de 2º de ESO da materia de Proyecto Competencial está a traballar sobre os dereitos que todos temos por natureza, os Dereitos Humanos.
Coñecendo os Dereitos Humanos é o resultado da investigación sobre cada un dos trinta artigos que compoñen a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) adoptada pola ONU en 1948. Por grupos, o alumnado reflexou coa técnica de"pensamentos en imaxes" os artigos destos dereitos fundamentais.
Na exposición na nosa biblioteca podedes ver o resultado dos seus traballos e tamén unha mostra dos fondos sobre esta temática (lecturas para a Paz) que require hoxe máis que nunca da nosa atención e reflexión.
De todos os traballos, o equipo da Biblioteca escolleu os que mellor reflexan o contido do artigo dos Dereitos Humanos ao que se refiren e de aí sairon os gañadores do concurso "Coñecendo os nosos Dereitos".
luns, 20 de xaneiro de 2025
ANO CASTELAO
sábado, 21 de decembro de 2024
BIBLIOLEIRAS NA FEIRA DE NADAL
O noso centro despide o primeiro trimestre do curso coa Feira de Nadal que este ano tivo lugar o xoves 21 de decembro ás 11:30h.
En cada unha das actividades obtéñense Leiros, moeda de uso interno, que se cambiaron durante toda a xornada na cafetería por alimentos saudables. Os Leiros caducan ese mesmo día.
Entre as moitas actividades que se ofertaron este ano estaba "Contos de Nadal", organizada pola biblioteca, que pretende fomentar a lectura no alumnado ao mesmo tempo que avaliar o seu coñecemento sobre a búsqueda dos libros no espazo da Biblioleiras. Todo isto dun xeito lúdico e sinxelo.
A resposta dos nosos alumnos/as foi moi boa e, antes do que pensábamos, tivemos que colgar na porta o caltel de "xa non temos máis Leiros" !
luns, 9 de decembro de 2024
martes, 26 de novembro de 2024
ATRÉVETE A LER!
Nesta época de Samaín temos que facer un reto lector moi arrepiante: atrévete a entrar na Biblioleiras!. A nosa decoración terrorífica fará que teñades curiosidade por adentrarvos nas misteriosas lecturas que vos propoñemos.
Se tes valor... colle un dos libros da exposición, seguro que quedarás aterrado...
luns, 25 de novembro de 2024
LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Neste 25 de novembro é necesario recordar unha vez máis que sigue sendo unha prioridade loitar por una sociedade libre de todo tipo de violencia. A lectura é unha boa maneira de facelo e por iso expoñemos os fondos da biblioteca sobre mulleres que sufriron esta lacra social, sobre as formas de previr unha violencia difícil de comprender e sobre o papel fundamental da educación como ferramenta para construir unha sociedade máis igualitaria.
xoves, 21 de novembro de 2024
HANNAH ARENDT
A UNESCO declarou a conmemoración do Día da Filosofía o terceiro xoves de cada mes de novembro argumentando que "a Filosofía proporciona as bases conceptuais dos princios e valores dos que depende a paz mundial: a democracia, os dereitos humanos, a xustiza e a igualdade".
No 2025 cúmplense 50 anos da morte da filósofa Hannah Arendt e recordamos a súa loita contra os totalitarismos. En Los orígenes del totalitarismo Hannah Arendt estuda as correntes que prepararon aparición do fenómeno totalitario e caracteriza as institucións, a ideoloxía e a práctica dos rexímenes estalinista e hitleriano.
mércores, 16 de outubro de 2024
DÍA DAS ESCRITORAS
Este 14 de outubro celebramos o Día das Escritoras. A IX edición do Día das Escritoras leva por título: "a periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural".
Com ben afirma Ana Iris Simón, comisaria desta IX Edición : "No 2024 o día das escritoras adícase ás maravillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espina, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin, pois elas son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia que, en xeral, miramos pouco e mal".
Expoñemos na Biblioleiras partes representativas das súas obras onde queda reflexada esa mirada ao rural que o fai protagonista.
Tamén quixemos incluir na nosa exposición algunhas obras de escritoras coas que contamos na nosa biblioteca así como información sobre a recente Premio Nobel Han Kang.




.jpg)
.jpg)



.jpg)


.jpg)





.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)







