DÍA DAS ESCRITORAS
Este 14 de outubro celebramos o Día das Escritoras. A IX edición do Día das Escritoras leva por título: "a periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural".
Com ben afirma Ana Iris Simón, comisaria desta IX Edición : "No 2024 o día das escritoras adícase ás maravillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espina, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin, pois elas son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia que, en xeral, miramos pouco e mal".
Expoñemos na Biblioleiras partes representativas das súas obras onde queda reflexada esa mirada ao rural que o fai protagonista.
Tamén quixemos incluir na nosa exposición algunhas obras de escritoras coas que contamos na nosa biblioteca así como información sobre a recente Premio Nobel Han Kang.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.