martes, 19 de junio de 2018

APADRIÑA UN LECTOR 2018

 
Que alegría volver recibir aos nenos e nenas de últimos curso de Infantil (5 anos) do CEIP Casás!
Os padriños e madriñas, alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura, estaban ansiosos por que chegara este día e encontrarse cos seus afillados e afilladas.



Este ano, o tempo atmosférico impediu que puideramos celebralo no noso Xardín dos Contos porque estaba a herba mollada, pero como non choveu, pasámolo estupendamente no Patio dos Contos.

Outro día de encontros, de estreitar lazos, de lecturas compartidas, de xogos e confidencias, de emocións e carreiras, de sorteos e sorpresas e, finalmente, despedida con chuches para os nosos convidados.
 

En nome de todo o equipo da Biblioleiras, quero darvos as GRAZAS: moitas grazas á dirección e profesorado do Casás, moitas grazas á Biblioteca Nodal pola súa incondicional e impagable colaboración, moitas grazas a Alfonso da cafetería, moitas grazas aos profes que actuaron de fotógrafos (Susana e Suso)... E, por suposto, moitas grazas ao noso alumnado que con entusiasmo  fai posible cada curso a celebración deste marabilloso evento.

                                                                                       Ana Dopazo




Queredes ver todas as fotos? Pois premede no play da seguinte fotomontaxe: 
                                               




No hay comentarios:

Publicar un comentario