mércores, 16 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS

Este 14 de outubro celebramos o Día das Escritoras. A IX edición do Día das Escritoras leva por título: "a periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural".

Com ben afirma Ana Iris Simón, comisaria desta IX Edición : "No 2024 o día das escritoras adícase ás maravillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espina, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin, pois elas son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia que, en xeral, miramos pouco e mal".

Expoñemos na Biblioleiras partes representativas das súas obras onde queda reflexada esa mirada ao rural  que o fai protagonista.

Tamén quixemos incluir na nosa exposición algunhas obras de escritoras coas que contamos na nosa biblioteca así como información sobre a recente Premio Nobel Han Kang.












luns, 7 de outubro de 2024

FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS 


No mes de outubro, os máis pequenos do noso centro aprenderon como funciona a nosa biblioteca; onde  están colocados os libros por materias, como buscar un libro segundo a CDU e cantos días poden ter un libro en préstamo, entre outras cousas. Tamén  estiveron moi atentos ás normas da Biblioleiras. 




Xogando a "buscar o libro perdido" foron aprendendo a atopar libros de distintas materias.