Nestes últimos días de curso, vide ver a nosa
exposición de lecturas recomendadas para este verán.
Podedes levar un destes libros ou calquera outro que che apeteza ler durante as próximas vacacións.
Nestes últimos días de curso, vide ver a nosa
exposición de lecturas recomendadas para este verán.
Podedes levar un destes libros ou calquera outro que che apeteza ler durante as próximas vacacións.
Durante o recreo, entregáronse na
Biblioleiras, os premios de poesía e de narrativa do certame que o EDLG e
o Departamento de Lingua Galega convocou este curso, así como os premios dos deseños de Ex-Libris.
Que divertido e interesante!
Moitas grazas, rapazas e rapaces.
Vémonos o vindeiro curso!
Aquí podedes ver a reportaxe fotográfica completa do
Apadriña un lector 2022
Unha xornada na que tendemos pontes entre a ensinanza primaria e a secundaria:
os nenos do Casás (afillad@s) e os do Leiras (padriños e madriñas) compatiron lecturas, confidencias, xogos, premios e chuches.
Que xornada tan marabillosa!
Os nenos de 5 anos do CEIP Casás (6º de infantil) viñeron hoxe visitarnos para ser recibidos, amadriñados e apadriñados polo noso alumnado de 1º de BAC.
Si, por fin, despois de dous cursos sen poder celebralo, retomamos a nosa actividade favorita: APADRIÑA UN LECTOR.
As nosas alumnas e alumnos estaban impacientes cando chegaron os pequeniños. Iniciamos as presentacións e axiña comezaron a facerse confidencias.
Despois fomos todos para o noso "xardín dos contos" para iniciar un precioso tempo de lecturas compartidas, de xogos e diversión.
Aínda que nos hidratamos ben, que calor ía!
Que llelo pregunten aos padriños e madriñas que suaban mentres corrían detrás d@s afillad@s.
Tamén houbo un sorteo no que repartimos os marcapáxinas da biblioleiras e algún libro. Parabéns aos afortunados!
Gañadores do sorteo |
E finalmente... chuches para tod@s!
O noso alumnado e mailos nenos do Casás viviron unha xornada inesquecible e ata lles deu pena ter que despedirse.
Se queres ver a reportaxe fotográfica completa dálle ó play:
Moitas grazas a tod@s por participar
e
ata o curso que vén!
No día de hoxe o noso centro recibiu, nunha xornada de portas abertas, ao alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Menéndez Pelayo, que estivo sempre acompañado polo noso alumnado mediador, que actuou como anfitrión, amosándolles aos seus futuros compañeiros as instalacións do instituto e participando con eles en diferentes actividades.
Unha desas actividades foi na Biblioteca: un obradoiro de banda deseñada impartida polo noso benquerido exprofesor Suso Coucheiro, especialista neste tema e marabilloso debuxante, que lles aprendeu algúns dos segredos e técnicas para facer cómics.
Mira que aplicadas!
Eles tampouco o fan nada mal!