viernes, 15 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020


17 de maio, Letras Galegas : Ricardo Carvalho Calero


Alicia, Adrián e Laura (1º BAC) fan un estupendo traballo de recitado con poemas como "Silencio" e "Madrigal a Rosalía"



Carvalho Calero foi autor de poesía, narrativa, teatro e ensaio. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos e foi, ademais, o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e da historia de Galiza.




 




 ENSINANTE PARA A VIDA, NON PARA A ESCOLA









 
A PRIMEIRA MADUREZA (1950-1965). ANOS LUGUESES
O ano de 1950 marca un antes e un despois na súa biografía. Nesa data trasladou a súa residencia a Lugo para dirixir o ColexioFingoi, fundado polo empresario galeguista Antonio Fernández, que constituíu un viveiro de innovación educativa no medio do escurantista panorama do franquismo.

"As excursons ou viages de estudos por Galiza permitiam aos alunos familiarizarem-se com a sua terra. A observaçom da paisage, dos tipos de cultivo, das formas de populaçom, dos monumentos arquitectónicos e das manifestaçons da vida artesá e industrial, aspiravam a proporcionar aos escolares um conhecimento directo da realidade galega, que lhes servisse de base prática para a comprensom das diversas facetas da realidade universal."
(Ricardo Carbalho Calero)





O Parque Rosalía de Castro en “Vieiros”, o primeiro libro en galego de Carballo Calero:


PARQUE (Lugo)

N-esta hora cedeira
un mendiño durmindo
n-un tallo, o garda, o sol
i eu, estamos sôs.

No estanque, as brancas aves
que tanto amóu Rubén Darío,
douses feitos con tiza,
escriben na auga crara:
2222.

Todo o fogo do sol
non pode derretir o
seu prumaxe de neve.

Cheas de dóces chíos,
as arbres son as gaiolas vontarias
da paxariada ceibe.

Lá baixo vai o Miño, presidente
da Unión de Rios da Terra.

A paisaxe galega
destacóu dúas ringleiras de ameneiros
pra cubrirlle a carreira.

As torres da catedral,
lamentando que se non deteña,
réndenlle dende lonxe a homenaxe
da súa surrisa de pedra.

Lugo, en lembranza do seu paso
féiralle un peite de honor –a ponte–
pra peitear as súas barbas crechas.



Queredes xogar? 

https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20/1-comezo

Un xogo que nos reta e pretende entreternos un anaco do día e, de camiño, descubrirnos a Ricardo Carvalho Calero e o seu enorme labor a prol da nosa lingua.
un xogo de pistas, códigos, investigacións... como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información.
Preme no enlace se queres xogar  https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20/1-comezo

Outro xogo: O misterio da casa de Carbalho Calero
Preme no enlace se queres xogar 

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

E AQUÍ TEDES OUTRO



A académica Fina Casalderrey le un fragmento de 'A xente da Barreira' (1951). A primeira novela do protagonista do Día das Letras Galegas 2020 foi tamén a primeira publicada en galego na posguerra.






VIAGE
Era unha vila cabo dun rio.
Non direi o seu nome, inda que o lembro,
pois non é o nome de nengunha vila.
O rio ia en acougo, entre secretos ameneiros,
pola terra loira, cha e eucarística.
Había unha longa avinda, de ambíguos álamos;
e estendia-se a vila, longa,
como unha moza enxoita.
Os avións voaban sobre a igreja.
E a gente era tranquila, de consuetudinária formosura.
E às portas das casas, o tempo nos joellos,
as mulleres cosian os dias da sua vida.

Uniformes cor de argila, estrelas na manga.
Poucos. Mandaba-os eu. Levaba-os a algures.
Etapa da viage, acolleu-nos a vila.
Ao ar ceibe, sentados, nun café,
fumábamos a tarde.

Qué formosa era a vila, e o rio, e as gentes.
Quén pudese ficar.
Os meus homes soñaban con ser mozos
das mozas enxoitas e castas,
para sempre.
E falaren coas vellas ao saíren da igreja,
con pazán parolar.
E saíren de caza, en procura do paspallás ligeiro,
con discretos fidalgos.

Mais ao dia seguinte tiñamos que partir.

En Saltério de Fingoi, na versión de Pretérito imperfeito (Sada: Ediciós do Castro), 1980.











No hay comentarios:

Publicar un comentario