miércoles, 1 de abril de 2020

DÍA DAS ARTES GALEGAS: DOMINGO DE ANDRADE

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020: DOMINGO DE ANDRADE

O arquitecto  barroco Domingo de Andrade será homenaxeado pola Real Academia Galega de Belas Artes no «Día das Artes Galegas» 2020.

Domingo Antonio de Andrade
(Cee, A Coruña, 1639-Santiago de Compostela, 1712)
Fillo de labradores acomodados e de orixe fidalga, mesmo o seu pai exerceu coma xuíz nas xurisdicións de Vimianzo, Mens e Cee. Domingo de Andrade, en 1654 comezou os seus estudos na Universidade Compostelán en 1654 aínda que os abandonou tras unha enfermidade . No 1668 casou con Isabel Areas Canosa con quen tivo 10 fillos, 5 dos cales faleceron antes de chegar á adultez sendo os outros, dous franciscanos en Santiago e tres agustinas en Lugo e Betanzos. En 1699 Domingo de Andrade ordenouse como presbítero ao quedar viúvo.
Comezou a traballar na capital compostelá en 1662 e fixoo como entallador de oficio, preocupado principalmente pola estrutura compositiva de retablos en madeira. Algunhas das súas obras son: o tabernáculo da Catedral de Santiago, estrutura que repetirá no baldaquino da Capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense e o baldaquino do Altar Maior da igrexa do mosteiro de Oseira.
En 1676 é nomeado Mestre Maior de obras da Catedral Compostelán, comezando coa súa primeira obra: a Torre do Reloxo  (1680)



caracterizada pola súa monumentalidade e solidez en harmonía co conxunto catedralicio. En 1696 o cabido santiagués encárgalle a nova Sancristía (hoxe Capela de Nosa Señora do Pilar) da que fixo as trazas e  foi substituído por Casas Nóvoa no 1711.
En 1700 realizou o Pórtico Real da Quintana, horizontalidade en contraste coa esvelteza da Torre do Reloxo. Así mesmo traballou no convento de San Domingos de Bonaval en tres partes principais: a fachada da portería, os cuartos e o claustro onde aparecen as súas características sartas de froitas e o virtuosismo da afamada escaleira de caracol. Resulta sobranceira, como mostra de arquitectura urbana, a Casa da Parra (1683)


 e a Casa da Conga (1709)



que el comezou, aínda que finalmente a realización se atribúe a Casas Nóvoa.

Ademais, fora de Compostela realizou, entre outras, a sala capitular (nº 11) e a sancristía da Catedral de Lugo, interiores tamén co seu característico encalado en branco.





Persoeiro posuidor dunha gran cultura debido á súa relación, dende 1658, co cóengo fabriqueiro don José de Vega y Verdugo. A súa obra “Excelencias, antigüedad y nobleza de la Arquitectura” (Santiago, 1695) ven a demostrar a súa erudición e expresa a súa teoría arquitectónica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario