domingo, 27 de outubro de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA



Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o
 24 de outubro


Na BiblioLeiras sumámonos á 
celebración  

   










Durante o recreo proxectouse a curta: 

Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore

 




e alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO fixeron fotos relacionadas co lema  deste ano:

 Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía



















martes, 15 de outubro de 2019

Colegas Erasmus+ na BiblioLeiras



 A exposición "El Camino" na BiblioLeiras tivo unha inauguración de luxo pola visita dos nosos colegas europeos procedentes de Francia, Italia e Portugal.






L'exposition "El Camino" na BiblioLeiras a eu une inauguration de luxe avec la visite de nos collègues européens de France, d'Italie et du Portugal.


La mostra "El Camino" na BiblioLeiras ha avuto un'inaugurazione di lusso con la visita dei nostri colleghi europei di Francia, Italia e Portogallo.


 A exposição "El Camino" na BiblioLeiras teve uma inauguração de luxo com a visita de nossos colegas europeus da França, Itália e Portugal.





 LECTURAS NO CAMIÑO

"O Camiño", viveiro de linguas

 

As profesoras e o profesor participantes neste programa tiveron a xentileza de escoller un libro da exposición escrito na sua lingua e ler en voz alta un fragmento. Moitas grazas!









 






sábado, 12 de outubro de 2019

"El camino" na Biblioleiras


O vindeiro luns, 14 de outubro, inauguramos a primeira exposición do curso 2019-2020:

 "El camino" na BiblioLeiras: Lugo, Todi, Toulouse, Valença
 

Poderedes curiosear entre as obras dos autores máis representativos da literatura italiana, francesa e portuguesa e unha sección adicada a Lugo e ó Camiño de Santiago, da que tamén poderán disfrutar as profesoras e profesores franceses, italianos e portugueses que nos visitarán a vindeira semana.

Nos taboleiros da entrada tedes información visual sobre as cidades dos nosos socios europeos: Todi, Toulouse e Valença do Minho e tamén sobre o Camiño Primitivo e o Camiño Francés.



 
Todi






 
Non vos perdades as acuarelas de Isabel Fernández (Toledo, 1947) procedentes do libro "Lugo, Memoria de Pedra", que forma parte dos nosos fondos, e das que podedes disfrutar nos corredores camiño da Biblioleiras.




Na pantalla de TV situada no vestíbulo proxectaranse vídeos alusivos á temática da exposición.

Esperámosvos!, e... BO CAMIÑO!!!






Tendo como referente o lema deste curso 2019/20 “Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía” e aproveitando a participación do noso IES como centro coordinador dun  Proxecto Europeo  Erasmus+ KA229 de intercambio de alumnado, que leva por título “Conviviendo en el camino” e no que temos como socios centros escolares de Todi (Italia), Toulouse (Francia) e Valença do Minho (Portugal), moitas das actividades da biblioteca durante este curso terán como fío condutor esta circunstancia .

O CAMIÑO tamén é 
un VIVEIRO DE CIDADANÍA

O equipo da biblioteca quere dar as grazas a todas as persoas que coa súa axuda fixeron posible esta exposición 



venres, 11 de outubro de 2019

Nobel de literatura 2018 e 2019



Nobel de Literatura:  Olga  Tokarczuk e Peter  Handke, gañadores do premio de 2018 e 2019, respectivamente
 
Un ano, dous premios
Hai máis de 40 anos que non había un Nobel de Literatura compartido. A última foi en 1974 a Harry  Martinson e  Eyvind Johnson.

Ademais, o ano pasado e por primeira vez desde 1943, a Academia Sueca non entregou o Nobel de Literatura por un escándalo de abusos sexuais e outras denuncias que provocaron a renuncia de sete dos 18 membros do xurado.

A institución explicou nun comunicado que o premio de 2018 concederíase en 2019, xunto co correspondente a ese ano.



  

Olga Tokarczuk: Nobel de Literatura 2018 

Comprometida politicamente coa esquerda ecoloxista, Olga Tokarczuk foi descrita como unha das escritoras vivas máis importantes das que nunca se oíu falar, polo menos fóra de Polonia.

Naceu en  Sulechów, un pobo polaco, en 1962 e actualmente vive en  Breslavia, ao oeste do país. Os seus proxenitores eran profesores e o pai tamén traballaba na biblioteca da escola.

Nesa biblioteca a futura escritora leu tanto como puido. Foi alí onde desenvolveu o seu apetito literario. Antes de facer o seu debut literario en 1996 con A viaxe dos homes do libro, estudaría psicoloxía na Universidade de Varsovia.
A Academia tamén eloxia amplamente a súa "impresionante" novela Casa diúrna, casa nocturna, 1998, "unha rica mestura de belas e impactantes imaxes" onde "se atopa a intención de representar unha rexión enteira con moitas culturas, destinos e perspectivas individuais en conflito".

Tamén destaca a colección de historias curtas Concerto de varios tambores, de 2001, e a novela Os  errantes, de 2007, que fala sobre o cruzamento de fronteiras, e Os libros de  Jacob, unha novela histórica.

Outro dos seus títulos destacados é Nun lugar chamado outrora, de 1997, unha saga familiar que se desenvolve nun lugar mítico e fala sobre a historia polaca do século  XX. Ela mesma dixo que foi un intento persoal de reconciliarse coa imaxe do seu país no pasado.

En 2018 gañou o  Man  Booker  Prize (o máis importante premio a unha novela publicada en inglés), pola súa novela Os corredores.


 Peter  Handke: Nobel de Literatura 2019Handke é autor de teatro, novela, poesía e ensaio. Tamén é guionista e director de cinema e unha das plumas máis recoñecidas da literatura en lingua alemá.

A súa primeira novela é de 1966, Os  avispones, e é autor de guións de cinema (como "O ceo sobre Berlín", de  Wim  Wenders), e gañador do Premio do Cinema Alemán a Mellor Guión.

Naceu en 1942 nun pobo chamado  Griffen, ao sur de Austria, país de orixe da súa nai, que  pertencía á minoría eslovena; e o seu pai era un soldado alemán a quen non coñeceu ata a  adultez. 

É un dos escritores máis influentes en Europa despois da Segunda Guerra Mundial. O medo do seteiro ante o penal, de 1972, é probablemente a súa novela máis coñecida.

É tamén un dos escritores máis controvertidos das últimas décadas e renunciou a varios premios porque prefería non ver a súa obra "sometida unha e outra vez aos insultos  plebeyos de semellantes políticos".

Quizais o seu aspecto máis controvertido foi o apoio que brindou a  Slobodan Milosevic (mesmo asistiu ao seu enterro e pronunciou un discurso), o  expresidente de Serbia, que morreu en prisión mentres era xulgado por crimes de guerra cometidos nos anos 90 na  antiga Iugoslavia.

mércores, 2 de outubro de 2019

Biblioteca Escolar: viveiro de cidadanía

Lema  2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"


A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020:  
"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar: o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria. 

Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas.  

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.

martes, 1 de outubro de 2019

BENVIDA (curso 2019-2010)



XA É OUTONO NA BIBLIOLEIRAS

Fermosas son as estacións todas



Frío y calor, otoño o primavera,
¿dónde..., dónde se encuentra la alegría?
Hermosas son las estaciones todas
para el mortal que en sí guarda la dicha; ...



en otoño
cuando caen marchitas tus hojas,
¡oh roble!, y con ellas
generoso los musgos alfombras,
¡qué hermoso está el campo;

la selva, qué hermosa!...


Era apacible el día
y templado el ambiente,
y llovía, llovía
callada y mansamente; ...









Desde a BiblioLeiras dámosvos a benvida a este novo curso 2019-2020, un libro en branco que  iremos escribindo coa vosa axuda.
  Era apracible o día
 e amornado o ambiente, 
e chovía, chovía 
calada e mansamente;...