Para romper a fronteira entre a ensinaza primaria e a secundaria, outro curso máis, volvemos recibir con grande ledicia aos nenos e nenas de 5 anos (último curso de Infantil) do CEIP Casás, que viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas: o noso alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura.
Esta é a mellor maneira de fomentar o gusto pola lectura: os maiores séntense responsables de transmitir algo valioso; os pequenos séntense importantes ao ver que os máis grandes lles dedican o seu tempo e len con eles e para eles; e todos aprendemos que o exemplo é o mellor xeito de contaxiar o amor polos libros.
Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:
Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:
Nunha xornada fermosísima, compartimos contos e lecturas, pero tamén complicidade, xogos e diversión.
Moitas grazas á todos os colaboradores: profesorado e equipo da nosa biblioteca, Alfonso de cafetería, dirección e profesorado do colexio de Casás, Biblioteca Nodal e, por suposto, os verdadeiros protagonistas: madriñas, padriños, afilladas e afillados.
Ata o vindeiro ano e... os que veñan!
Ningún comentario:
Publicar un comentario