mércores, 21 de xuño de 2017

XUNTANZA CLUBS DE LECTURA 2017

Chegada ao Palacio de Congresos e Exposicións

Para finalizar o curso 2016-17, os lectores leirantes acudiron con Suso Coucheiro á Xuntanza de clubs de lectura que se celebrou o pasado 17 de xuño en Santiago de Compostela.

Quedadas entre clubs




Nun día calorosísimo, coñeceron outros clubes, compartiron experiencias e asistiron a charlas sobre a lectura... Tamén puideron presenciar a entrega do Premio dos Clubs de lectura a Miguelanxo Prado.





   Miguelanxo Prado:
premio dos Clubes 2017




A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa (premede no play):
XUNTANZA DE           CLUBS DE LECTURA  -  Lecturas leirantes en Santiago (17-06-2017) on PhotoPeach

luns, 12 de xuño de 2017

Exposición "Impresionistas" no CEIP Menéndez Pelayo

Invitados pola bilioteca do CEIP Menéndez Pelayo, o día 9 de xuño, o noso alumnado de 3ºeso B e PMAR visitou este centro para ver unha magnífica exposición titulada
 "Impresionámonos co impresionistas"



 Guiados magnificamente por cinco alumnos do Menéndez, puidemos ver unha completa exposición ilustrativa sobre esta corrente pictórica, así como reproducións dalgunhas das obras dos autrores máis emblemáticos do Impresionismo feitas polos nenos e nenas de todos os cursos: desde 3 anos de Infantil ata 6º de Primaria. 




Que grandísimo traballo tanto do alumnado como do profesorado do colexio anfitrión. 

Parabéns!!




Aquí e agora podedes ver a reportaxe fotográfica completa da visita (premede no play da imaxe):
 

sábado, 10 de xuño de 2017

APADRIÑA UN LECTOR 2017

Para romper a fronteira entre a ensinaza primaria e a secundaria, outro curso máis, volvemos recibir con grande ledicia aos nenos e nenas de 5 anos (último curso de Infantil) do CEIP Casás, que viñeron coñecer aos seus padriños e madriñas: o noso alumnado de 1º de BAC e do Club de Lectura
 


 Esta é a mellor maneira de fomentar o gusto pola lectura: os maiores séntense responsables de transmitir algo valioso; os pequenos séntense importantes ao ver que os máis grandes lles dedican o seu tempo e len con eles e para eles; e todos aprendemos que o exemplo é o mellor xeito de contaxiar o amor polos libros


Para ver a reportaxe fotográfica completa da actividade preme no play da imaxe:
                  

Nunha xornada fermosísima, compartimos contos e lecturas, pero tamén complicidade, xogos e diversión

Moitas grazas á todos os colaboradores: profesorado e equipo da nosa biblioteca, Alfonso de cafetería,  dirección e profesorado do colexio de Casás, Biblioteca Nodal e, por suposto, os verdadeiros protagonistas: madriñas, padriños, afilladas e afillados. 
Ata o vindeiro ano e... os que veñan!

martes, 6 de xuño de 2017

Actos polas LETRAS GALEGAS 2017


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua galega e Literatura , un ano máis, organizaron de forma exitosa unha serie de actos moi interesantes, emotivos e participativos: 

 


1. Recital literario: baixo o lema "Castelao e Carlos Casares: creadores de historias", alumnado, profesorado e outros membros da comunidade educativa leron textos destes dous grandísimos narradores.

 






2. Entrega dos premios do Concurso literario de narrativa (relato curto) e poesía. 




Parabéns a todos os participantes. Podedes ver máis información e máis fotos na lapela superior (É un falar) do blog do EDLG.