O pasado xoves, 28 de xaneiro, os rapaces e rapazas do Club de Lectura de 1º e 2º de ESO recibiron a visita de Sabela Núñez Singala, autora do libro que veñen de ler:
O agasallo de Anya
Coa axuda de Xiana, unha boneca viaxeira e soñadora, deunos toda unha lección de solidariedade coa que os leirantes aprendemos, divertímonos e compartimos diferentes opinións.
Moitas grazas, Sabela (e Xiana, por suposto).
Queredes ver fotos? Aquí as tedes:
Ohhhhhh!!! Pois si que foi unha tarde bonita, interesante, divertida... fantástica para min!
ResponderEliminarMoitas grazas, Leirantes, por darme tan boa acollida. Bicos!!!
O libro "O agasallo de Anya" gustoume porque reflicte que non necesitamos tantas cousas para ser felices. A visita que nos fixo Sabela, para min foi moi interesante xa que nos contou como foi a viaxe, que fixo a Hungría e resolveunos dúbidas que tiñamos os/as lectores/as.
ResponderEliminar