lunes, 20 de octubre de 2014

CONCURSO de "HAIKU" ou MICRORRELATO sobre VIOLENCIA ESCOLAR


O acoso, o maltrato entre iguais, a discriminación no ámbito escolar, “bullying” e outras variantes deste problema están cada día entre nós.


Para denuncialo e poñer algo da nosa parte que axude a frear este fenómeno, desde a Biblioteca, convocamos este concurso para todo o alumnado do Leiras Pulpeiro que queira participar.

Bases:

1.   Tema: VIOLENCIA ESCOLAR (ENTRE IGUAIS)
2.    Formato (dúas posibilidades):
A)Haiku”: poema breve de orixe xaponesa, a modo de sentenza impactante, que consta só de 3 versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente.
B)Microrrelato: conto ou historia breve que constará dun máximo de 75 palabras.
C)Prazo: entregar na Biblioteca antes do 1 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario