xoves, 9 de xaneiro de 2014

Biblioamigos para o Nadal

Achega o teu comentario

3 comentarios:

  1. "Esconderse en un rincón del mundo" do escritor e ilustrador taiwanés Jimmy Jiao foi o meu biblioamigo neste Nadal.
    Neste relato gráfico preséntansenos diferentes espazos que evocan as soidades do seu protagonista, utilizando unhas ilustracións fermosísimas que nos levan a entender o poder transformador da fantasía para enfrontarse co cotián. Lectura e lectura visual para pequenos e maiores na que cadaquén pode atopar "o seu recuncho para agocharse no mundo". Procúradeo, non vos defraudará.
    Déixovos este enlace para que gocedes con este vídeo baseado nun conto do autor

    Parabéns para Biblioleiras pola iniciativa

    Dolo
    http://www.youtube.com/watch?v=WSs1W7mP29M

    ResponderEliminar
  2. Mª Juncal Martínez Modia20 de xaneiro de 2014, 11:22

    Emigrantes de Shaun Tan, un escritor e ilustrador australiano, foi o agasallo que atopei no meu casilleiro este Nadal.
    O libro foi unha descuberta porque, a pasar de ser unha novela gráfica sen palabras, conta unha historia que pode ser a de calquera emigrante, refuxiado ou desprazado que se ve obrigado a abandonar a súa terra.
    Os debuxos son a miúdo surrealistas e non nos remiten a unha realidade concreta senón que nós mesmos podemos recreala como a imaxinación nos leve.
    Agradecerlle ao meu “agasallador” a súa escolla porque me permitiu descubrir unha obra que, sen a súa intervención, eu non coñecería.
    Recoméndovola para achagarvos a unha linguaxe literaria nova. Moitas veces as palabras atraen magneticamente a nosa atención e impiden que reparemos na forza das imaxes, pero esta obra permítenos ler dunha maneira moi activa e construtiva.
    Grazas á persoa que escolleu esta obra para min. Acertou!

    ResponderEliminar
  3. "Y las montañas hablaron" de Khaled Hosseini é o libro que o meu recomendador invisible me deixou no casilleiro. Para min foi un descubrimento marabilloso, xa que este autor de orixe afgano, aínda que me soaba como escritor de "best-seller", era un descoñecido. Comecei a lectura sen moito entusiasmo e...,desde o primeiro capítulo, xa non puiden parar de ler. Rematei as case 400 páxinas en tres días.
    Narración fluída e maxistral, desenvolvida con exquisito gusto, que fai que o entramado de historias que conforman este pequeno universo ambientado en Afganistán, Francia e Estados Unidos, sexa delicioso, doloroso e esperanzador á vez.
    Quenqueira que fose o meu recomendador, doulle as grazas por este fermosísimo agasallo, xa que me abriu o "apetito" por ler máis deste autor. Esta é a súa terceira novela, así que vou cara atrás: os Reis Magos trouxéronme a segunda, "Mil soles espléndidos" (que xa lin tamén), e vou agora pola primeira, "Cometas en el cielo". RECOMÉNDOVOLAS.

    ResponderEliminar