miércoles, 6 de marzo de 2013

8 de marzo: Día internacional das mulleres

(...)
As mulleres poñen en relevo ata o máis escondido dos teus defectos e os homes non cesan de dicirche sempre que poden, que unha muller de talento é unha verdadeira calamidade, que vale máis casar coa burra de Balaam, e que só unha boba pode facer a felicidade dun mortal.
Sobre todo os que escriben e se teñen por graciosos, non deixan pasar nunca a ocasión de dicirche que as mulleres deben deixar a pluma e repasar os calcetíns dos seus maridos, se o teñen, e se non, aínda que sexan os do criado. (...)
As literatas. Carta a Eduarda. ROSALÍA DE CASTRO


Eis as palabras de Rosalía que evidencian a incomprensión e a crítica social que como muller e escritora sufriu na sociedade que lle tocou vivir na que a finalidade das mulleres era casar e servir o home.
Do mesmo xeito que Rosalía, outras creadoras: literatas, pintoras, escultoras, cineastas...enfrontáronse ós usos sociais da cultura dominante, profundamente machista, que ignoraba e desprezaba as mulleres
As mulleres de hoxe debemos ser as gardiás dos camiños abertos polas nosas avoas e nais, para convertelos en avenidas polas que circularán amplamente as nosas fillas e os nosos fillos, nunha sociedade xusta e igualitaria.

Para reflexionar sobre a  igualdade. Vídeos




No hay comentarios:

Publicar un comentario