xoves, 29 de novembro de 2012

25 de Novembro: Pola igualdade

Sabemos que superar a violencia cara as mulleres pasa pola educación en igualdade. Debemos tomar conciencia das dicriminacións, manipulacións, chantaxes... para dar paso á etica do respecto e da autoestima.
O luns 25, na biblioteca do centro, o alumnado de 3º de ESO participou nunha charla sobre  violencia de xénero. A continuación realízouse un obradoiro de papiroflexia. Alumnos e alumnas reflexionaron e expresaron por escrito as súas ideas.


mércores, 21 de novembro de 2012

25 Novembro: Non a violencia contra as mulleres


Nesta data queremos lembrar as 871 mulleres que, dende 1.999 no Estado Español, perderon a vida a mans dos  seus compañeiros, maridos ou noivos; a maior parte delas nas súas casas e no seu  ámbito familiar. Esta violencia exercida sobre as mulleres é o que se coñece como VIOLENCIA DE XÉNERO.
Dende a biblioteca, como cada ano, organizamos unha serie de actividades para que traballando a prol da IGUALDADE entre homes e mulleres, nos enfróntemos a ela. Correspóndenos a todas as persoas parar esta lacra social. 



Visita a exposición de libros relativos a este tema.
Participa nas actividades

venres, 16 de novembro de 2012

Leiras Pulpeiro, guieiro do noso instituto

José Domingo De Prada, Vicedirector do noso centro,  dentro das actividades celebradas co gallo do centenario do pasamento de Leiras Pulpeiro, escribe un poema en honra ao poeta. Publica, ademais, no xornal El Progreso  un fermoso artigo de opinión. En ambos textos  reivindica os valores humanos do poeta, valores que queremos  facer nosos  os membros da comunidade educativa do IES LEIRAS PULPEIRO.

xoves, 15 de novembro de 2012

Conferencia de Xesús Alonso Montero


Como xa comentamos nunha entrada anterior, o profesor Xesús Alonso Montero visitounos para agasallarnos cunha animada charla sobre o poeta Manuel Leiras Pulpeiro. Esta conferencia é unha das actividades previstas no centro para conmemorar o centenario do pasamento do poeta, que morreu no ano 1912.

Nesta entrada podedes escoitar de novo a D. Xesús Alonso Montero. A última parte non está rexistrada.



Homenaxe a Manuel Leiras Pulpeiro

O pasado venres, algunhos alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO deleitáronnos cun recital de poemas de Manuel Leiras Pulpeiro. A actividade desenvolveuse na biblioteca do centro, e queremos que compartades connosco este estupendo momento:




Tantos foron os recitadores e recitadoras, que temos que deixar aquí outra presentación para poder ver a algúns que non están na anterior:




Podedes escoitar aos recitadores aquí:



1. Musa intimista:
- Todos me dicen que espío                     
Recita: Iago Armesto 1º ESO
- Nunca sequiña te vexas
Recita:  Fátima Rosón 2º ESO
- Voume pra a beira do río
Recita: Manuel Prieto  1º ESO
-Nunca te seques, fontiña
Recita: Sergio Ferro 1º ESO
- Ben vexo a miña casiña
Recita: Marina Villamarín
-Calade campás laionas
Recita: Camila Beltrán  2º ESO
-Tirou o vento unha rosa 
Recita : Cristina Soto
   


2. Eso xa
Recita:  Diego Ardura  1º ESO
   


3. Se querés desmorriñarme
            Recita: Tania Fernández 1º ESO
     



4. Musa anticlerical:
- Cando na porta te atopes
Recita: Alberto Guizán  1º ESO
-Tocan os frades a campá
Recita: Marta Meijide  2º ESO
- Se queres algo de teu
Recita: Laura Argüello 1º ESO
-Non quero vivir na vila
Recita: Ana Dopazo
-Dice o cura que levo
Recita: Nicolás Vázquez  1º ESO
 


5. Antes-despois
Recita:  Diego Ardura  1º ESO




6. Musa social:
- Moito me queren  meus amos
Recita: Martín Abel  1º ESO
- Dálles unha carda  aos fillos
 Recita: Vanesa Montaña 1º ESO
- Aló van os nosos mociños
 Recita: Antía Varela 1º ESO
- Non temos pan, meus filliños
Recita: Aroa Varela Conde 1º ESO
- Durme, meu neniño durme
 Recita: Pilar Cortiñas  1º ESO
- Meu farruco da outra banda
Recita: Natalia López
 


 7. Se, cando me fine, as campás
Recita: Jessica Vigo  1º ESO
 


8. Musa amorosa:
- Non me mires con ises ollos
Recita: adrián López 1º ESO
- Quen fora reichiño rubio
Recita: Iker Varela 1º ESO
- Pra onde queres ir miña almiña?
Recita: Jénifer Gómez 1º ESO
- Déixao, me dicían todas
Recita: Noa Fernández 1º ESO
 


 9. ¡Nin Tántalo! 
Recita:   Dolores Varela