Isto levouse a cabo nas seguintes fases:
Fase I: Fixar obxectivos e metas:
Determinar se van a traballar individualmente ou en grupo, sobre que tipo de enerxía van traballar, puntos a tratar...
Fase II: Busca e tratamento da información:
Para isto:
- Buscaron información en distintas páxinas de internet.
- Visualizaron e comentaron vídeos sobre a utilización da enerxía polo home o longo da Historia, sobre os distintos tipos de lugares que apostan polas enerxías sostibles, como a Illa de Samso ou a Illa do Hierro.
- Buscaron todas as semanas no periódico La Voz de Galicia novas relacionadas coas fontes de enerxía, para ser utilizadas nos seus traballos. Cada alumno dispón dun diario, xa que o alumnado de 1º da ESO está no programa Prensa Escuela.
- Visitaron a exposición "O Noso Mundo, O Noso Futuro, A nosa opción , O cambio climático", para tomar conciencia sobre este tema e utilizar a información que cada un considerou necesaria no seu traballo.
- En soporte informático
- En soporte escrito
- Con exposición oral
No blog Facer Lugo (onde o alumnado do centro publica cada ano os seus traballos interdisciplinares) publicamos as presentacións máis relevantes elaboradas polo alumnado para ser expostas aos compañeiros. Pódese acceder a elas premendo na seguinte imaxe: