domingo, 29 de abril de 2012
Quen nos vistou o Día do libro?
O 23 de abril recibimos na nosa biblioteca a relevantes escritores e coñecidos personaxes da literatura universal e contemporánea que nos falaron dos seus libros favoritos. Alí estiveron Valle-Inclán da man de Castelao e tamén Quevedo falando galego ou o elegante e romántico Espronceda, Carapuchiña, Spiderman, Mannawinard, o inxenioso Sherlock Holmes e o arrichado Tintimán, o vello pescador de Hemingway, Esther e a súa amiga Rita, o xefe Seatle e o aprendiz de mago Harry Potter. Do País das Marabillas chegou Alicia, Superman do seu planeta Krypton e unha espontánea crítica literaria que non sabemos de donde viña. Unha inesquecible, numerosa e divertida visita.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
E o ano que ven virán máis a coñecer esta maravillosa Biblioteca.
ResponderEliminar