O 7 de xuño recibimos unha visita moi especial. Nenos e nenas de 5 aniños do Colexo de Casás acercáronse ata o noso centro para participar na actividade “Apadriña un lector”.
Uns días antes, 40 alumnos e alumnas de 1ª, 2º, 3º de ESO e 1º de BAC elixiron os contos que lles ían ler aos pequechos. Desde aquí queremos dar as grazas á Biblioteca Nodal por prestarnos todos os libros que se leron e polos suxestivos marcapáxinas cos que agasallamos aos pequenos e pequenas.
A iniciativa tiña como obxectivo fomentar o interese pola lectura e potenciar as relacións interpersonais. E sen dúbida lográmolo. De contado, o libro creou ese vínculo afectivo que pretendíamos. Os maiores prepararanse a conciencia e sorprenderon aos pequenos con debuxos, xogos malabares, monicreques, chuches, algún disfrace e moito entusiasmo.
Noraboa polo precioso traballo.
ResponderEliminarTedes un agasallo no noso blog.
Felices vacacións