xoves, 10 de febreiro de 2011

Exposición e vídeo de Agustín Fernández Paz



O Centro de Documentación de Escritores Galegos pon a nosa disposición varios vídeos nos que Agustín Fernández Paz fala sobre as súas inquedanzas literarias. Se queres velo, preme aquí.

Tamén podes achegarte ata a biblioteca para ver a exposición que alí temos sobre o autor.

4 comentarios:

  1. Agustín Fernández Paz paréceme un home fiel ao que a el lle gusta, a súa terra. Escribe libros moi interesantes, de misterio sobre todo. Chamoume a atención que quixese escribir sobre a Guerra Civil, xa que é algo que á xente non lle gusta recordar, pero para que os rapaces soubesen o que ocorreu. E sobre todo que escribe libros que van dirixidos a todos os públicos.

    Nuria Varela Fernández

    ResponderEliminar
  2. Agustín Fernández Paz paréceme un home moi honrado, que non ten envexa de ningúe. É un loitador e moi fiel ó seu estilo de ver a vida. Gústalle que os seus libros rocen a perfeción e que os poidan ler e entender tanto os rapaces como os adultos. Ten interese por cada cousa, por pequena que sexa e dálle importancia ás cousas que ve.

    Silvia Racamonde Arias.

    ResponderEliminar
  3. Para a miña opinión Agustín Fernandez Paz é un escritor intelixente, ó que lle gusta ler.O que máis me impactou foi como relaciona a literaturacoa vida real.É un bo escritor e gústalle que a xente disfrute cos seus libros.

    Lara López Méndez

    ResponderEliminar
  4. Despois de ver o vídeo de Agustín Fernández Paz apeteceume ler "Aire Negro".
    É unha novela de Agustín Fernández Paz que conta como o doutor Moldes, ó comezar nunha clínica psiquiátrica ten que facerse cargo do caso de Laura Novo, un caso que ninguén pode imaxinar ata onde pode chegar.
    Para averiguar porque Laura está alí, o doutor achégase a ela, pero en varias ocasións Laura ten terribles pesadelos e volve cara atrás no seu tratamento.
    Cando isto ocorre, o doutor pensa que no caso de continuar así nunca averiguaría o que realmente lle pasou a Laura, así que decide pedirlle que escriba todo o que lle aconteceu para estar tan atemorizada e estar naquela clínica.
    Laura comeza a escribir pero resúltalle moi difícil xa que é como se volvese a vivir o temor daqueles días nos que unha besta despertara e fora por ela para matala.
    O doutor leu todo o que Laura escribira e empezou a investigar para saber se era certo. Na súa investigación descubriu que a besta esistía e cando volveu á clínica observou que xa era tarde, pois a besta levara a Laura para sempre.
    A novela encantoume. É intrigante e o autor transmite os sentimentos dos personaxes, sobre todo o temor que Laura sentiu naqueles días nos que a súa vida era un auténtico pesadelo.

    Andrea Fernández López 4ºB

    ResponderEliminar