luns, 21 de febreiro de 2011
martes, 15 de febreiro de 2011
Agustín Fernández Paz no día dos namorados
Unha conmovedora historia de amor máis aló da morte cun can como protagonista.
Déixovos aquí algunhas fotos que se tomaron durante a lectura.
xoves, 10 de febreiro de 2011
Exposición e vídeo de Agustín Fernández Paz
O Centro de Documentación de Escritores Galegos pon a nosa disposición varios vídeos nos que Agustín Fernández Paz fala sobre as súas inquedanzas literarias. Se queres velo, preme aquí.
Tamén podes achegarte ata a biblioteca para ver a exposición que alí temos sobre o autor.
Unha biografía
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba) sempre di que unha das cousas que máis lle gusta neste mundo é que lle conten historias: de viva voz, nas páxinas dun libro ou dun cómic, na escuridade dun cine ou no brillo frío de calquera pantalla. E cando se lle pregunta onde están as raíces deste seu amor polos mundos de ficción, a resposta que dá é que todas elas veñen dos anos da súa infancia: dos relatos de medo que escoitaba a carón do lume, nun tempo no que aínda non chegara a televisión; dos libros de aventuras que había na pequena biblioteca de seu pai, se é que se lle pode chamar biblioteca a dos estantes ateigados de libros, onde Jules Verne convivía con Edgar Allan Poe ou Wenceslao Fernández Flórez, dos seriais que escoitaba pola radio, como Superman ou Unha princesa de Marte; dos moitos cómics que lía, onde descubriu a súa fascinación polos heroes de papel; das innesquecibles películas de cine que tanto o atraían, e ás que, anos despois, homenaxearía en Amor dos quince anos, Marilyn, un libro escrito no centenario do nacemento do cine... Nos anos grises da posguerra, aqueles mundos feitos con imaxes e palabras axudaban a vivir e facían medrar o territorio sen límites da imaxinación.domingo, 6 de febreiro de 2011
Podemos conseguir un mundo mellor
Esperamos que entre todos, algún día, logremos transformar este mundo. Podemos comezar por seguir o exemplo deste home.
mércores, 2 de febreiro de 2011
Día da Paz no Leiras Pulpeiro
O día 30 de xaneiro celebrábase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP): ese día fai 63 anos que morreu Mahatma Ghandi. "Mahatma" significa "gran alma", e iso precisamente é o que tiña Ghandi, un corazón no que cabemos todos. Levou ao seu pobo á victoria rexeitando a violencia e a loita armada, instaurando métodos de loita social pacíficos pero non menos efectivos.
No instituto celebramos este día o 31 de xaneiro, dado que o 30 foi domingo. Os alumnos do centro deron lectura aos Haikus que tiñan preparado ao longo dos días previos. Eses haikus, coa súa sinxeleza, abren unha xanela a través da que se pode ollar un mundo de paz, unha sociedade sen violencia, uns desexos dun futuro mellor para eles mesmos.
(Preme no libro para poder lelo a un tamaño máis cómodo e poder escoitar a preciosa música que os acompaña)
2011 Ano dos Bosques

Por iso, o lema elixido para a campaña é "Os bosques, para as persoas", co obxectivo de resaltar o papel fundamental dos seres humanos na protección dos bosques, fogar de 300 millóns de persoas no mundo, especialmente pobos indíxenas que están tamén ameazados.








