luns, 27 de xaneiro de 2025

 COÑECENDO OS DEREITOS HUMANOS

O alumnado de 2º de ESO da materia de Proyecto Competencial está a traballar sobre os dereitos que todos temos por natureza, os Dereitos Humanos.

Coñecendo os Dereitos Humanos é o resultado da investigación sobre cada un dos trinta artigos que compoñen a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH) adoptada pola ONU en 1948. Por grupos, o alumnado reflexou coa técnica de"pensamentos en imaxes" os artigos destos dereitos fundamentais.

Na exposición na nosa biblioteca podedes ver o resultado dos seus traballos e tamén unha mostra dos fondos sobre esta temática (lecturas para a Paz) que require hoxe máis que nunca da nosa atención e reflexión.

De todos os traballos, o equipo da Biblioteca escolleu os que mellor reflexan o contido do artigo dos Dereitos Humanos ao que se refiren e de aí sairon os gañadores do concurso "Coñecendo os nosos Dereitos".


Gañadoras do concurso "Coñecendo os Dereitos Humanos"

                     



luns, 20 de xaneiro de 2025

 

ANO CASTELAO

A Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas do ano 1964 a Castelao. É de destacar que  mentres el viviu no desterro non declarou vacante a súa cadeira, o cal é  unha maneira de recoñecer o seu legado e a súa trascendencia literaria. Setenta e cinco anos despois do seu pasamento en Buenos Aires o seu recordo  segue vivo e así o pon de manifesto que este ano se declarara Ano Castelao.