sábado, 21 de decembro de 2024

 BIBLIOLEIRAS NA FEIRA DE NADAL

 

 O noso centro despide o primeiro trimestre do curso coa  Feira de Nadal que este ano tivo lugar o xoves 21 de decembro ás 11:30h.

En cada unha das actividades  obtéñense Leiros, moeda de uso interno, que se cambiaron durante toda a xornada na cafetería por alimentos saudables. Os Leiros caducan ese mesmo día.

Entre as moitas  actividades que se ofertaron este ano estaba "Contos de Nadal", organizada pola biblioteca, que pretende fomentar a lectura no alumnado ao mesmo tempo que avaliar o seu coñecemento sobre a búsqueda dos libros no espazo da Biblioleiras. Todo isto dun xeito lúdico e sinxelo. 

A resposta dos nosos alumnos/as foi moi boa e,  antes do que pensábamos, tivemos que colgar na porta o caltel de "xa non temos máis Leiros" !

 

 







 

 



luns, 9 de decembro de 2024

 

NADAL  BIBLIOLEIRAS!

Xa chegou o tempo de Nadal e a nos biblioteca vístese para a ocasión!

O noso elfo lector anímavos a levar un libro para acompañarvos nestas vacacións


Expoñemos e recomendamos libros de Nadal!







 Dende o equipo da biblioteca desexámosvos Bo Nadal e boas                                                                     lecturas!