venres, 23 de abril de 2021

EN ABRIL, AUTORES MIL (Día do Libro)

Este ano, para conmemorar o Día do Libro, temos unha interesante exposición con libros dos nosos fondos: obras, autoras e autores premiados en diferentes certames: 
 

temos premios Nobel, premios da Cultura Galega das Letras, premios Cervantes, premios Xerais, premios Pulitzer, premios Nacionales de Cómic, premios Nacionales de Poesía...

 

Propoñémosvos un reto: sodes quen de descubrir que autoras e autores se corresponden coas caricaturas do cartel?

Na biblioteca tedes unha caixiña para que introduzades un folio cos voso nome e curso xunto coas respostas: nome do autor/a correspondente ao  número de cada caricatura.

 

 Aquí tedes unha escolma:

 



Premios Nobel





 Premios da 

Cultura Galega

das Letras







Premios Cervantes







Premios Xerais









Premio Pulitzer

 

 

 

 Premios Nacionales de Cómic

  

... e moitos máis.  



mércores, 21 de abril de 2021

Día do Libro (biblioteca inclusiva)

 

Estamos felices con este mural que o alumnado da aula TEA fixo para conmemorar o Día do Libro, 23 de abril.

 

 

Que bonita idea!

 

Grazas a Aitor, Alejandro, Carlos e Lenny; 

e, por suposto, ás súas profes, Lidia e Noelia.





sábado, 3 de abril de 2021

Día Internacional da Literatura infantil e xuvenil (2 de abril)


 

Compartimos a entrada do blog das nosas compañeiras do Equipo de Dinamización: 

o alumnado fai tres recensións sobre libros infantís ou xuvenís que lles gustaron e que temos na nosa bilioteca.

Aquí tedes o enlace: É un falar

Feliz día!


 Tamén vos deixo os enlaces dos vídeos nos que falan os vosos compañeiros:

 

Vampira de biblioteca (Ledicia Costas)

Tres Catorce Dezaseis (Rocío Leira) 

A bruxiña da sorte (Concha Blanco)