mércores, 30 de setembro de 2020

QUINO

 

QUINO



 29/09/2020

O historietista gráfico arxentino, Joaquín Salvador Lavado, “ Quino”, faleceu aos 88 anos, un día despois de que a súa creación, “ Mafalda”, cumprise 54 anos desde a súa primeira publicación.

 


As aventuras de Mafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose, traducíndose, replicándose en revistas e diarios e percorrendo o mundo e as distintas xeracións durante medio século. Ata hoxe. 

 

 

Estes son os libros que tedes de Mafalda na BiblioLeiras:


 

                   Homenaxe a Quino na BiblioLeiras



Biblioteca Mafalda interactiva en PDF. Para ver cada libro como en papel.


  https://drive.google.com/file/d/1A-J0ZfBpF2ekoYb8lXQiCzVwzjJyN6yz/view


xoves, 24 de setembro de 2020

Benvida ó curso 2020/2021

 

Benvida da BiblioLeiras

 curso 2020/2021 

ou cando a realidade supera

 á ciencia ficción

 

 

 

"Aquel xénero literario que imaxinou pandemias mundiais, robotización, intelixencia artificial, vixilancia estatal extrema... non falaba en balde: algo de todo iso finalmente chegou".

 

 
 
Esta pandemia xa foi imaxinada. É dicir, existe un futuro do pasado. Ensaio sobre a cegueira de Saramago ou A peste de Camus ou as películas Epidemia ou Contaxio están presentes hoxe con todos os seus matices.
 
                                                                                                                                                                                                                                                                                                            Un home parado ante un semáforo en vermello queda cego  súbitamente. É o primeiro caso dunha «cegueira branca» que se exp
ande de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de máis primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.
 
A apaixonante novela A peste narra as consecuencias do illamento de toda unha cidade pola

epidemia, unha experiencia demoledora que forza a cada un dos cidadáns para poñer de manifesto o mellor e o peor que levan dentro: os seus medos, traizóns, individualismo, pero tamén a súa coraxe, o seu espírito solidariedade e compaixón, a súa disposición para ir máis aló dun mesmo para colaborar no ben de todos... Con esta obra de gran densidade de pensamento e profundo humanismo, Camus revelouse como un dos maiores autores franceses de todos os tempos

 
 
 
                                     Contaxio (2011) ( Contagion en inglés)

é unha película estadounidense dirixida por  Steven  Soderbergh e protagonizada por  Matt Damon, Jude Law, Kate  Winslet,  Laurence  Fishburne, Marion  Cotillard e Gwyneth  Paltrow. Foi estreada o 9 de setembro de 2011 en Estados Unidos, o 14 de outubro en España e o 27 de outubro en Arxentina. A película nese entón baseouse na pandemia de gripe A ( H1 N1) de 2009-2010. En 2020, debido á pandemia do coronavirus  SARS- CoV-2, causante da enfermidade COVID-19, adquiriu moita máis notoriedade, xa que ambos sucesos comparten moitas similitudes.