xoves, 29 de novembro de 2018

MES DO MEDO NA BIBLIOLEIRAS

 

O EDL Homenaxea a XABIER P. DOCAMPO petando na porta pola noite

O mellor colofón para pechar o Mes do Medo é homenaxear ao noso benquerido e recordado Xabier P. Docampo, que nos deixou o pasado mes de xuño, realizando unhas lecturas da súa obra máis premiada, Cando petan na porta pola noite, coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1995.

Moitas grazas, Laura, Alejandro e Íñigo, os tres alumnos de 4º de ESO, por nos axudar a lembrar a Xabier coa vosa colaboración.

Moitas grazas, Xabier🙏, por nos deixar estas fantásticas historias de medo.


 

 



Máis terror universal en galego...

 Actividade do EDL na biblioleiras

 

 E continuamos coas nosas actividades de lectura en lingua galega de clásicos da literatura de medo de todos os tempos. Lembrade que as que deron o primeiro paso foron  Zoe, Carmen e Sharon; agora van Paula e Tamara, tamén alumnas de Literatura Universal en 1º de Bacharelato.

 Paula estarreceunos con A dilixencia fantasma, de Amelia B. Edwards, un clásico da literatura de fantasmas victoriana.

 

 Tamara deixounos coa ansia de saber quen é o misterioso e inquietante Home da area, un dos máis célebres relatos do alemán E.T.A. Hoffmann.
Bo traballo, rapazas!

                  Sandman GIF

 

martes, 27 de novembro de 2018

 MES DO MEDO NA BIBLIOLEIRAS

Reescribindo a Dieste

Actividade do EDL na biblioleiras


Co gallo do Mes do Medo, que está a piques de rematar, o noso alumnado segue animándose cos microrrelatos de terror en lingua galega. Desta volta a proposta é especial: recrear en menos de 25 palabras un comezo alternativo ao inquietante relato de Rafael DiesteSobre a morte de Bieito.



 Niso estivo un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, que tamén realizaron a lectura do orixinal do autor de Rianxo.




luns, 5 de novembro de 2018

É un falar...: Clásicos do terror da literatura universal en lingua galega


MES DO MEDO NA BIBLIOLEIRAS

Clásicos do terror da literatura universal en lingua galega

 

 Tres alumnas de 1º de Bacharelato, realizaron unhas lecturas en lingua galega de clásicos do xénero de terror da literatura universalO Horla e A morta de Guy de Maupassant e O gato negro de Edgar Allan Poe.  Temos que salientar o mérito e a boa disposición de Zoeunha alumna alemá que está de intercambio este curso, e de Sharoncolombiana, que tamén se atreveu  a ler en galego levando apenas un mes vivindo en Lugo. Non nos esquezamos de Carmen, a galega do grupo, que o fixo  estupendamente. Bravo polas tres! 

É un falar(Blog do EDL do IES Leiras Pulpeiro (Lugo))