martes, 24 de abril de 2018

martes, 10 de abril de 2018

Gañadoras do concurso de RAP (Día do Autismo)

 
O venres 6 de abril, un xurado formado por tres profesor@s e tres alumn@s fallou o resultado do concurso de RAP convocado para celebrar o Día do Autismo. Presentáronse 5 estupendos traballos e o máis votado foi o hip-hop presentado por dúas alumnas de 4º eso B:



 Lucía Raña e Iandra M. González
  
O azul é a alegría
como a vida dun autista
e ti es un ignorante
non entendes ao falante.
Buscando a cor atopo a azul
como o ceo do verán que quita a dor.
O amarelo é bonito
coma unha flor
que reflicte a alegría dos autistas
con cada pétalo.
Buscando a cor atopo a amarela
que é tan bonita como aquela nena.
O vermello é paixón,
a mesma que encontramos
no seu corazón
e buscamos no seu interior.
Buscando a cor atopo a vermella
tan rechamante como extravagante.

Participantes no concurso:
Laura Chapel, Pablo Penela, Ana López e Lucía Rouco de 4ºB
Diego, Icía, Sabela, Saray, María, Henrique e Ari de 3ºB
Héctor Ulloa de 3ºA

Noraboa a tod@s e grazas por participar !

mércores, 4 de abril de 2018

Día mundial do Autismo (2 de abril)

Ao longo desta semana desenvolvemos diferentes actividades  para conmemorar o Día Internacional de concienciación sobre o Autismo:
 


1. Exposición de libros na biblioteca sobre o tema, que incluímos tamén no noso reto mensual de lectura.




 

2. Concurso de RAP (letra e música) que fale do mundo do Autismo:

Escribe unha canción que teña como o tema o mundo do autismo, ponlle a música que queiras, grávaa, ponlle un título e preséntanos a túa gravación (xunto cunha copia da letra) na Biblioteca antes do día 3 de abril.

  SOLIDARIEDADE        
                                  HIP-HOP

  música                                                                                                                           AMOR




 
3. Exposición, no corredor principal do centro, das obras pictóricas do noso alumno e artista Alejandro Taboada, de 1º eso A:

 PhotoPeach

RETO de ABRIL


Un libro que trate o tema do AUTISMO

     Para conmemorar o Día internacional de concienciación sobre o Autismo (2 de abril), este mes dedicamos o noso reto aos libros que tratan esta temática.
          Temos unha boa colección de exemplares expostos e á vosa disposición  na Biblioteca.














Ven polo teu!