martes, 25 de abril de 2017

EXPOSICIÓN de TRABALLOS polo DÍA do LIBRO

 


 Noraboa a tod@s!! 

                                 

 





   Un ano máis os nosos alumnos e alumnas fixeron uns traballos estupendos para conmemorar o Día do Libro (23 de abril).


 






  Queredes velos todos?
Dálle ao play no seguinte vídeo:


 

LECTURA PLURILINGÜE polo DÍA do LIBRO

     
    Conmemoramos o Día do Libro, 23 de abril
coa lectura de textos literarios en diversos idiomas: tanto das linguas que se imparten no noso centro como das linguas de orixe do noso alumnado.



Vivan os libros e a multicultura!
A continuación podedes ver aos vosos compañeiros en plena lectura 
(dálle ao play):
 

domingo, 2 de abril de 2017

Día do AUTISMO (2 de abril)

Conmemoramos o Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo cunha serie de actividades moi interesantes: 

 

- Exposición de libros sobre o autismo. Na nosa biblioteca podedes atopar tanto estudos como obras literarias relacionadas co tema. Moitos dos libros foron aportados pola profesora da aula de autismo, Teresa Llano, da súa biblioteca persoal.



- Obradoiro de lazos solidarios que o alumnado e profesorado voluntario confeccionou nos recreos entre o día 27 e 30 de marzo.
















- Reparto dos lazos para toda a comunidade educativa, o venres 31 de marzo, día no que, ademais, tod@s viñemos vestidos de azul como símbolo de solidariedade e conciencia sobre o autismo.

Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración, especialmente ás profesoras da aula de autismo, Teresa Llano e Lidia Ascariz, polo seu inestimable labor diario.

 A continuación podedes ver a reportaxe fotográfica completa: