Está rematando o curso e o club LECTURAS LEIRANTES tivo a súa despedida.
Lembremos que este ano lemos catro libros, polo que superamos as espectativas previstas de reunirnos unha vez por trimestre. Foron varias tardes de encontros, postas en común e intercambio de
opinións sobre as lecturas propostas. Ademais, tamén hai que contar os
moitos recreos que lle adicamos a facer pequenas reunións para repartir
os libros, acordar datas de reunión...
A primeira reunión foi o 24 de outubro, para constituír o club e que os leirantes veteranos apadriñasen aos novos lectores.
A rateira de Agatha Christie foi a primeira obra proposta, sobre a que charlamos o 27 de novembro. Foi divertido tratar de averiguar quen era o asasino. E ata houbo premio para quen o adiviñou.
O 29 de xaneiro falamos do segundo libro: O curioso incidente do can a medianoite de Mark Haddon. Unha visión sorprendente do mundo a través dun protagonista moi especial.
En marzo, reunímonos o día 27 para falar de Engurras de Paco Roca, un relato gráfico que nos emocionou a todos.
Finalmente, o día 7 de maio, falamos de La lección de August de R.J. Palacio, cun personaxe principal que nos demostrou que o aspecto externo das persoas non é o importante.
Nesta última ocasión, a sesión incluíu un chocolate con churros.
Ademais, como fin de festa, o día 14 de maio fomos todos á Deputación a ver a versión teatral que Cándido Pazó representou da obra Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.
Moitas grazas
a todas e a todos,
e ata o curso que vén!