sábado, 20 de decembro de 2014

PREMIOS do concurso de HAIKUS e MICRORRELATOS sobre "VIOLENCIA ESCOLAR"


HAIKUS



69 PARTICIPANTES  

NO 

CONCURSO:


HAIKUS






60 HAIKUS

E

9 MICRORRELATOS

MICRORRELATOS







Moitas grazas 
a todo o alumnado participante 
e ó profesorado colaborador






        Estes son os finalistas:


E finalmente, aquí están os gañadores:

     1º premio de HAIKU                       2º premio de HAIKU                                       3º premio de HAIKU
Andrea Vázquez Mosteiriz (3º eso C)
Julisa Tapia Orihuela (4º PDC)
Diego Ardura Fernández (3º eso C)

          

                                                                       1º premio de MICRORRELATO
Andrea dos Santos Vilela (4ºPDC)

Charla de "HUGIN e MUNIN" polo Día da Edición



17 de decembro



Día da Edición
 


 O alumnado de 4º de ESO asistiu na Biblioteca a unha charla sobre a edición e tradución de obras da literatura estranxeira a galego, a cargo do   responsable da Editorial Hugin e Munin, Alejandro Tobar, e unha das súas tradutoras, Isabel Soto.

 Estes dous membros da Asociación de Tradutores Galegos expuxeron unha información moi interesante sobre o complexo proceso que vai desde elixir a obra no idioma orixinal ata a súa publicación en lingua galega.

A continuación, podedes ver a reportaxe gráfica completa da conferencia: 
 "Hugin e Munin" no Leiras on PhotoPeach


venres, 12 de decembro de 2014

100º aniversario da publicación de "Platero y yo"

http://www.huffingtonpost.es/2014/12/12/100-portadas-platero-y-yo_n_6309586.html

Hoxe é o centenario da publicación dunha xoia da nosa literatura. Google dedícalle o seu "Doodle"a nivel mundial.

Para saber máis:

domingo, 7 de decembro de 2014

EXPOSICIÓN de EXEMPLARES "ESPECIAIS" polo DÍA da EDICIÓN


           Co gallo do Día da Edición (17 de decembro)  e para conmemorar o aniversario do nacemento do editor Ánxel Casal presentamos na Biblioteca unha

Exposición de libros curiosos
 
         entre os que podedes atopar:

- 1ª edicións de obras emblemáticas 
- Facsímiles
Obras ilustradas por artistas universais
- Edicións especiais, con motivo dunha efeméride
- Exemplares con prólogo de maestros da literatura
- Calquera libro “raro” ... 
             
Aportados polas profesoras e profesores do Claustro do Leiras.

Animádevos a vela en persoa!   Velaquí tedes unha mostra:

Exposición Día da Edición - 17 de decembro on PhotoPeach