Dende a Biblioteca Escolar do IES Leiras Pulpeiro queremos enviarvos os nosos mellores desexos e algunha recomendación, por se vos apetece viaxar entre as páxinas dun libro amigo... Bó Nadal e Feliz Aninovo.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher(Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
O Departamento de Orientación en colaboración co Equipo da Biblioteca organizou unha actividade para conmemorar o Día Mundial da Discapacidade que se celebra o 3 de decembro. Con ela pretendíamos acadar os seguintes obxectivos:
Coñecer as características das persoas con limitacións físicas e intelectuais.
Valorar as diferenzas e rexeitar a discriminación.
Mellorar a convivencia mediante a integración.
O venres día 2 e o luns día 5, segundo un horario predeterminado, o alumnado de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de PDC asistiu a proxección e posterior comentario de tres vídeos: Capacidades diferentes, O cazo de Lorenzo e Sofía, a vaca toliña pola música . Remataron a sesión realizando un exercicio que consistía en identificar os símbolos que representan a cada unha das diferentes discapacidades físicas e intelectuales.
Podedes volver a botar unha ollada a este vídeo tan cheo de tenrura.