luns, 2 de marzo de 2026
DÍA DA MULLER: MULLERES PIONEIRAS: AGATHA CHRISTIE
Cada 8 de
marzo celebramos o Día Internacional da Muller, unha data para
recoñecer a contribución das mulleres á sociedade, á cultura, á
ciencia e ao coñecemento. Este ano, desde a nosa biblioteca queremos
render homenaxe a Agatha Christie coincidindo co 50 aniversario da
súa morte, unha das escritoras máis influentes da historia da
literatura.
Nada en 1890 en Torquay (Inglaterra), Agatha Christie
converteuse na autora de novela policial máis lida do mundo. As súas
obras foron traducidas a máis de cen idiomas e continúan fascinando
a lectores e lectoras de todas as idades.
Na Biblioleiras fixemos
unha exposición informacional para dar visibilidade a esta muller
pioneira.

luns, 19 de xaneiro de 2026
luns, 12 de xaneiro de 2026
ANO OTERIANO
O Parlamento de Galicia aprobou declarar o 2026 como Ano Oteriano, coincidindo co cincuenta aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo (1888– 1976).
Coñecido como o «Patriarca das Letras Galegas», no texto da declaración
defínese como unha “figura esencial das letras, do pensamento e da
identidade galega contemporánea” e como “un dos piares do florecemento
cultural e intelectual de Galicia, representante dunha xeración que
soubo vincular o galeguismo coa defensa da cultura universal e co
compromiso coa nosa terra”.
Na biblioteca queremos fomentar o coñecemento da súa vida e obra expoñendo información e os fondos que temos sobre este recoñecido autor.
luns, 15 de decembro de 2025
LECTURAS COMPARTIDAS NA FEIRA DE NADAL
RETOS LECTORES BIBLIOLEIRAS. RETO LECTOR DE XANEIRO
venres, 21 de novembro de 2025
MURO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Temos que seguir lembrando que existe unha violencia contra a muller, o cal debe facernos reflexionar como sociedade, porque evidencia que aínda quedan moitas desigualdades por superar. Neste camiño, a educación continúa a ser unha das ferramentas máis eficaces para concienciar, sensibilizar e promover valores de respecto, igualdade e convivencia.
Por este motivo, os rapaces e rapazas de 3º da ESO de Valores Éticos e o alumnado de 2º curso de Proxecto Competencial “construíron” un muro contra a violencia de xénero na porta da biblioteca. Cada “ladrillo” deste muro recolle un desexo, unha reflexión ou unha mensaxe a favor da igualdade e do respecto entre homes e mulleres.
De maneira simbólica, este muro representa a unión de toda a comunidade educativa fronte á violencia de xénero e o compromiso colectivo de derrubar os prexuízos, o machismo e calquera forma de discriminación. Ao mesmo tempo, cada palabra escrita convértese nun pequeno paso cara á construción dunha sociedade máis xusta, máis libre e máis igualitaria.
Esta iniciativa sitúase na entrada da biblioteca, un espazo que representa unha parte fundamental na transmisión destes valores e no fomento da reflexión, do pensamento crítico e da convivencia. Porque educar en igualdade é tamén educar para a liberdade, para o respecto e para a dignidade de todas as persoas, construíndo entre todos e todas unha sociedade máis xusta e máis humana.
luns, 17 de novembro de 2025
PENSAMENTO FEMININO
A exposición na biblioteca dos traballos das alumnas e alumnos de 1º de bacharelato sobre filósofas do pasado e do presente, reflexa a importancia da súa contribución xa que recoñecer o seu legado é tamén educar nunha visión máis xusta e completa da Historia do Pensamento.
Expuxemos os libros da maleta viaxeira de Filosofía que temos este mes na Biblioleiras, que ten exemplares para todas as idades e intereses.