luns, 17 de novembro de 2025

                  PENSAMENTO FEMININO

Neste ano 2026, o 19 de novembro temos cita coa Filosofía, esa amiga do saber que como materia de bacharelato, intenta que os rapaces e rapazas non esquezan a importancia do pensamento crítico, tan necesario nun mundo moi conectado en canto a redes sociais pero tamén moi desconectado no que repecta a cuestionar, analizar e razonar antes de aceptar unha idea como verdadeira.
Non se trata só de estudar autores ou teorías, senón de adquirir a capacidade de facerse preguntas, dubidar, reflexionar e comprender mellor o mundo que nos rodea. 

Mais falar de Filosofía tamén implica recuperar e reivindicar a voz de tantas mulleres pensadoras que ao longo da historia quedaron silenciadas ou relegadas a un segundo plano. Desde Hipatia de Alexandría ata filósofas como Hannah Arendt ou Simone de Beauvoir, as mulleres contribuíron de maneira decisiva á reflexión filosófica, abrindo camiños cara á igualdade, á liberdade e á defensa do pensamento crítico.

A exposición na biblioteca dos traballos das alumnas e alumnos de 1º de bacharelato sobre filósofas do pasado e do presente, reflexa a importancia da súa contribución xa que recoñecer o seu legado é tamén educar nunha visión máis xusta e completa da Historia do Pensamento.

Expuxemos os libros da maleta viaxeira de Filosofía que temos este mes na Biblioleiras, que ten exemplares para todas as idades e intereses.













luns, 3 de novembro de 2025



               TERRORÍFICAS LECTURAS

Na Biblioleiras temos lecturas ben terroríficas que de cando en vez expoñemos para os lectores con menos medo a pasar un bo rato. Para que o ambiente acompañe, decoramos a biblioteca para tan arrepiante ocasión e abrimos as súas portas a intrépidos lectores e lectoras.
                                  
 
 

              






luns, 6 de outubro de 2025

                     DÍA DAS ESCRITORAS   

Este ano o Día das Escritoras celébrase o 12 de octubre e na Biblioleiras queremos homenaxear a todas esas escritoras que contribúen a transmitir coñecementos, historias, entretemento e imaxinación. 





                                 

mércores, 1 de outubro de 2025

 
FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS DA BIBLIOLEIRAS

Como todos os cursos, o  objectivo principal de estas sesións foi facilitar a incorporación dos novos usuarios da biblioleiras, de 1º da ESO, dunha maneira cercana, práctica e entretida, permitindo que todos os participantes puideran familiarizarse coas ferramentas e procesos que permiten o uso da biblioteca de forma sinxela e efectiva.
Un dos momentos máis destacados da formación foron os xogos e retos organizados durante a sesión. Os participantes tiveron que resolver diferentes probas relacionadas co coñecemento da CDU, coa localización de libros de distintas materias nos andeis da nosa biblioteca ou coas normas que deben seguir para un bo uso.
Como recoñocemento ao esforzo e á atención prestada, ao finalizar a formación  entregáronse distintos premios aos usuarios que destacaron nas actividades e retos realizados.
 
 


 

              RECORDÁMOSCHE QUE TAMÉN                            PODES LER EN DIXITAL

 

           



                      

venres, 20 de xuño de 2025

             APADRIÑA/AMADRIÑA UN LECTOR/LECTORA

Para finalizar o curso cun sabor doce e moi lector, celebramos un ano máis a nosa actividade favorita cos nenos de 6º de infantil do colexio de Casás e os seus padriños e madriñas  lectoras, o alumnado de 1º de bacharelato. Este ano tivemos que estar no ximnasio xa que a choiva quería acompañarnos. Aínda así tivemos unha tregua na que puidemos disfrutar do noso xardín onde as lecturas e os xogos estiveron moi presentes.

A xuntanza foi moi  tenra e enriquecedora, e o alumnado de 1º de bacharelato demostrou unha gran  empatía e bo facer cos seus pequenos invitados, que souperon escoitar con curiosidade as lecturas e disfrutaron moito cos seus padriños e madriñas.

 

 

 

 


 

luns, 16 de xuño de 2025

                                     LECTURAS DE VERÁN

                      



Xa chegou o final de curso e non podedes irvos sen levar algún "compañeiro" que vos divirta, ensine, vos faga  coñecer outros mundos...referímonos obviamente a un libro. Tedes unha serie de recomendacións á entrada da biblioteca que esperamos que vos sirvan.


FELIZ VERÁN!!!!!
 


xoves, 24 de abril de 2025

                     LIBROS E TEA

Neste Día do Libro 2025  aproveitamos para informar sobre o TEA (transtorno sobre o espectro autista), do cal oímos falar pero sabemos menos do que debéramos. Agradecemos á Biblioteca pública Nodal por facilitarnos libros moi interesantes sobre o tema, e tamén libros adaptados  para que disfruten os alumnos da aula Tea do noso centro, que a parte da lectura tamén colorearon marcapáxinas e fixeron outras actividades  lúdicas.














Marcapáxinas 





martes, 22 de abril de 2025


                       LETRAS GALEGAS

 

A Real Academia Galega dedica o 2025 o Día das Letras Galegas ao cancioneiro popular galego. Nesta candidatura están incluídas as cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar. "A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras", salienta a proposta aprobada.

 Coa nosa exposición adicada ás cantareiras mostramos os fondos da nosa biblioteca sobre esta temática  e tamén a información sobre estas mulleres que levaron a cabo unha importante labor na transmisión da  cultura galega.

 

                                          


 

 

 
 




 

luns, 10 de marzo de 2025

                     A MULLER NA LITERATURA

Mulleres na literatura ao longo da Historia houbo moitas, aínda que a maioría delas non se coñezan. Para que iso non suceda, os  alumnos e alumnas  de 1º de BAC, de Literatura Universal, coordinados pola nosa compañeira Inma Gayoso, fixeron un traballo de investigación sobre mulleres silenciadas que se pode disfrutar na exposición da biblioteca co gallo do Día da Muller.